_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
O peche da clínica Dentix e as cancelacións turísticas escalan postos nas atencións realizadas pola OMIC en 2020

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Vilagarcía realizou en 2020, un total de 1.663 atencións (consultas e reclamacións), un número moi similar ao do exercicio anterior pese a aos meses que o servizo estivo pechado debido ao confinamento do COVID. A singularidade deste ano ven marcada no apartado de servizos polo elevado número de consultas e reclamacións xeradas polo peche da clínica Dentix, así como por cancelacións de servizos turísticos a consecuencia das restricións impostas pola pandemia e mesmo polo excesivo incremento das comisións bancarias. No apartado de produtos, teléfonos móbiles e compara venta de automóbiles de segunda man ocuparon os primeiros postos da lista de atencións.
03.04.2021.- A memoria anual elaborada pola OMIC explica que das 1.663 asistencias realizadas ao consumidores e usuarios, a maioría, un total de 1.465, corresponderon á prestación de todo tipo de servizos, mentres que as 198n restantes a adquisición de produtos variados. Moitas dos casos que chegan á oficina resólvense simplemente coa información que se lles facilita, logrando solucionar o conflito coa empresa sen necesidade de formalizar a reclamación. As restantes, diríxense ao Servizo Provincial do Instituto galego de Consumo e da Competencia en forma de reclamación, ao aos organismos competentes en cada caso (Banco de España, Dirección Xeral de Seguros, Sergas…), para a súa resolución.

Ns consultas e reclamacións relativas a servizos destacan as 349 relativas a diversos servizos profesionais, entre as que a maioría refírense a clientes de Dentix, clínica dental que pechou ao entrar en proceso concursal, deixando a moitos clientes con servizos non prestados pagados. Os afectados acudiron en masa á OMIC para asesorase, cubrir e presentar as pertinentes reclamacións.
Tamén neste apartado rexistrouse este ano un elevado incremento de consultas relativas a servizos de tipo turístico, propiciadas polas cancelacións de viaxes e estancias debido aos peches de actividade e restricións de mobilidade impostas pola pandemia. A solicitude de devolución de fianzas ou dos pagos adiantados motivaron as 76 reclamacións e consultas de transporte aéreo, as 46 dirixidas a axencias de viaxe, as 19 ao transporte por ferrocarril e as 8 ao transporte marítimo.
Unha tendencia que xa se viña notando nos últimos tempos, pero que se incrementou tamén de forma importante no 2020, foi a da temática do mercado electrónico, unha actividade cada vez máis común e que se multiplicou durante o confinamento, tendo como consecuencia 66 atencións na OMIC.
Os servizos bancarios e financeiros propiciaron 186 atencións, a meirande parte delas polo cobro de comisións abusivas. Neste punto cómpre salientar que aínda que os asuntos bancarios non son competencia de Consumo, debido á dimensión do problema e ao número de afectados, o Servizo provincial está tramitando e ocupándose puntualmente destas reclamacións.
e os de seguros 105, mentres que os de telefonía móbil e internet xeraron 134 e 106 respectivamente, e os relativos a servizos enerxéticos sumaron 86 entre os 75 de electricidade e os 11 de gas.

Por ouro lado, os primeiros postos da lista das consultas e reclamacións relativas a produtos encabézanos os teléfonos m´biles (50) e a compra venta de automóbiles, especialmente de segunda man (37), seguidas polas de produtos informáticos (18), compra de electrodomésticos (17, alimentación (13) e roupa (11).

A OMIC está situada na primeira planta do Concello. Actualmente a atención estase a prestar de forma presencial (luns, mércores e venres en horario de 8.30 a 14.30) e tamén a través do teléfono (986 099 200 extensión 222) e do correo electrónico ( consumo@vilagarcia.gal ). Segundo consta na memoria, a oficina atende tanto a veciños de Vilagarcía como doutros concellos da zona como Vilanova, Catoira, A Illa, Caldas, Cambados, Meis ou Ribadumia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -