_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SANIDADE
O Concello volve a colaborar co Sergas cedendo Fexdega para axilizar a vacinación da Covid

O Concello de Vilagarcía de Arousa volve a colaborar co Sergas para o desenvolvemento das labores de vacinación contra a Covid co obxectivo de axilizar o proceso e facer que chegue canto antes ao maior volume de poboación. Como xa aconteceu hai unhas semanas, o Concello volve a poñer a disposición da Consellería de Sanidade o pavillón de Fexdega, que se utilizará como punto de vacinación do martes ao sábado desta semana. Unhas 2.500 persoas serán citadas a vacinarse en Fexdega nesta nova quenda.
O dispositivo que habilitará o Sergas en Fexdega ponse en marcha mañá martes pola tarde e pecharase o sábado a mediodía. Dous equipos de vacinación traballarán de forma simultánea en quendas de mañá e tarde o mércores, xoves e venres, e nas medias xornadas do martes e sábado. Calcúlase que en cada xornada completa de vacinación pasen por Fexdega unas 600 persoas a recibir o pinchazo.

Ademais de poñer a disposición as instalacións de Fexdega para desconxestionar os puntos habituais de vacinación e facilitar a atención a maior volume de persoas en espazos máis amplos que permitan manter as correctas distancias, o Concello tamén colabora proporcionando recursos humanos, xa que será persoal do Servizo Municipal de Emerxencias quen se encargue de sinalizar os corredores de acceso e saída, e controlar o acceso ás instalacións segundo os horarios das citas previamente concertadas polo Sergas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -