_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
A construción do albergue de peregrinos de Carril arranca esta semana

A construción do albergue de peregrinos de Carril arranca a mediados da semana que entra coa firma da acta de replanteo, trámite previo ao inicio das obras propiamente ditas. A firma Obras Gallaecia S.L. será a encargada de rehabilitar o inacabado edificio da casa de cultura para a súa conversión en aloxamento de peregrinos, segundo o proxecto deseñado polo arquitecto Iago Fernández Puentes.
10.04.2021O Concello inviste 529.064 euros na actuación coa que se pretende impulsar o turismo de tradición Xacobea ligado aos Camiños de Santiago, tendo en conta que en Vilagarcía nace o camiño primixenio, o que seguiron os restos do Apóstolo na súa "traslatio" a Compostela e que se conmemora coa Ruta Fluvial Marítimo Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

As obras proxectadas consisten na forma integral da estrutura existente para convertela nun moderno e funcional albergue de 443 metros cadrados de superficie, con capacidade para 30 persoas e dotado de todos os servizos necesarios. A idea é que o edificio resultante semelle un miradoiro á ría (con vistas a Cortegada a ao inicio do percorrido da Ruta Marítimo Fluvial Xacoeba), perfectamente integrado na contorna e inspirado na arquitectura popular galega tradicional das vilas mariñeiras. Contará con baixo, primeiro andar e baixo cuberta, así como cun terreo aledaño que se aproveitará como zona de recreo.

O albergue deseñouse baixo criterios de funcionalidade, eficiencia e calidade, e contará con todos os servizos que precisa un aloxamento para peregrinos: recepción, botiquín, zonas de estar, aseos, duchas, taquillas, dormitorios, lavandería, almacén, gardabicis, terrazas e zona verde. Por suposto, a obra axústase ao especificado pola Xunta de Galicia no Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos. Todos os locais do edificio, incluídos os dormitorios e os aseos, cumpren coa normativa vixente de accesibilidade e eliminación de barreiras para persoas con limitacións de mobilidade.

A adxudicataria dispón dun prazo de 10 meses para rematar a obra.

Para financiar esta ambiciosa actuación, o Concello incluíu a obra no Plan Concello da Deputación Provincial. En canto á futura xestión do aloxamento para peregrinos, o executivo local xa mantivo un par de reunións cos responsables de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para incluir as instalacións na rede galega de albergues do Camiño de Santiago.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -