_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
Rematada a musealización do Castro de Alobre

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitaron esta mañá o Castro de Alobre con motivo do remate dos traballos da musealización levados a cabo a través do convenio asinado entre o organismo provincial e o Ministerio de Fomento. Silva aclarou que, a diferenza do realizado con anterioridade no Alobre, esta actuación non era de tipo arqueolóxico senón turístico, unha intervención de posta en valor do patrimonio histórico e cultural do municipio que ten como obxectivo dalo a coñecer e converter o castro urbano de Vilagarcía nun reclamo para o turismo cultural e sostible.
15.04..2021.- A actuación realizada consistiu na creación dun roteiro sinalado con láminas de pedra integradas na terra e que leva ao visitante dende a entrada polas escaleiras de Vista Alegre ata a escavación do castro. No traxecto, paneis informativos e varias zonas de descanso con bancos de pedra nos que deleitarse na paisaxe natural do bosque do Montiño, intercaladas con grandes parterres axardinados. Xusto sobre o castro, un miradoiro con bancadas para gozar das pedras milenarias que conforman as estruturas exhumadas no antigo poboado castrexo. Pedra e aceiro cortén son os únicos materiais utilizados nesta musealización.

Tanto a presidenta provincial como o alcalde destacaron o "mimo e o respecto" con que se teñen abordado os traballos, baseados "nos máis altos estándares de calidade arqueolóxica”, en palabras de Silva, que lembrou que seguíronse os parámetros legais e de Patrimonio, que todos os informes foron positivos”. Para a responsable provincial trátase dunha actuación modélica na que, aproveitando as sinerxías de todas as administracións, executouse de forma moi respectuosa e moi integrada na paisaxe e moi ben planificada, porque vai arrastrando á xente dende á mesma entrada a este emprazamento, para que, finalmente, se atopen co que realmente importa, que é o castro". Para Carmela Silva a musealización realizada cumpre co obxectivo de "amosar ao resto de Galicia, do Estado e a nivel internacional o poderío arqueolóxico que temos nesta provincia e polo tanto converternos nun destino que ten como un dos seus grandes valores o patrimonio arqueolóxico".

Pola súa banda, o alcalde Alberto Varela subliñou que a cidade "está de parabéns, porque en Vilagarcía podemos presumir que todo naceu e creceu no Castro de Alobre". "É importante –afirmou- porque recuperamos na súa integridade o punto patrimonial máis importante da cidade. É unha actuación harmoniosa e respectuosa coa contorna". Varela destacou que "isto non é o final, senón que ten que ser o principio do camiño, queda facer outro traballo que é animar a xente a vir a visitar o que temos aquí e mimalo". Neste punto a presidenta da Deputación esbozou algunhas ideas que poñer en marcha a través dun programa de divulgación que, ademais do castro de Alobre, incluiría outros castros musealizados na provincia, e que podería consistir na creación dun roteiro dos castros, a realización de visitas teatralizadas ou exposicións sobre as pezas e obxectos exhumados nas anteriores campañas arqueolóxicas.

Chamamento ao civismo
Para rematar, o rexedor fixo un chamamento ao civismo, advertindo que, o Castro de Alobre, como calquera espazo público, é de todos e, polo tanto temos, que coidalo, respectalo e axudar á súa conservación, máis aínda cando se trata de patrimonio histórico, que herdamos do nosos ancestros e que debe pasar aos nosos herdeiros”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -