_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Santa Rita 21 serán unhas festas presenciais con actividades de pequeno formato adaptadas á situación sanitaria

O Concello de Vilagarcía presentou esta mañá o programa das festas de Santa Rita, uns festexos que tras a edición virtual do ano pasado, recupera a meirande parte dos actos tradicionais desta cita e incluso a presencialidade dos mesmos. Co obxectivo de ir recuperando a normalidade tras estes meses de pandemia, pero sendo conscientes de que a situación sanitaria aínda require manter as normas de prevención do covid, o programa recupera a Feira Celta, os pasacalles e os concertos gratuítos, estes con aforo reducido, reserva previa e protocolo sanitario.
12.05.2021.- O alcalde, Alberto Varela, explicou que á diferenza do ano pasado, no que aínda estabamos confinados e con pleno descoñecemento do covid, agora, coas campañas de vacinación avanzando a bo ritmo, “a situación permite volver a gozar das nosas festas más tradicionais”. Maila isto, o rexedor advertiu de que “temos avanzado, pero aínda queda camiño por andar para volver ás festas de antes da pandemia, polo que este ano haberá festas de Santa Rita con actos presenciais, pero de forma responsable e segura. Dende o Concello poñemos todos os medios para que os vilagarciáns poidan ter as súas festas e que estas sexan seguras, pero tamén insistimos na necesidade de que a cidadanía responda sendo igual de responsable, respectando as normas sanitarias e evitando comportamentos incívicos como os que vimos hai uns días en varias cidades do Estado”.

A concelleira de Cultura explicou que unha das actividades que xa viña sendo unha tradición en Santa Rita e que se recupera é a Feira Celta, que se desenvolverá no Parque da Xunqueira e contorna de Vista Alegre do venres 21 ao domingo 23 de maio. Dada a excepcionalidade da situación, instalaranse postos de venta de artesanía, como sempre, pero gardando as correspondentes distancias. O que non haberá, son postos de degustación e de venta de produtos alimenticios, así como tampouco actividades de animación para evitar a aglomeración de persoas.
Concertos

Tamén regresan ao programa de festexos os concertos. O primeiro, o venres 21 de maio será o que ofrecerá no Auditorio a Banda de Cámara Arousa, unha formación composta por algúns integrantes da Banda de Música de Vilagarcía que con instrumentos propios das bandas, interpretarán adaptacións de obras de música clásica.
O resto dos concertos celebraranse ao aire libre, na Praza da II República, cun aforo limitado a 210 prazas. O xove músico vilagarcián, Xoel Padín presentará neste marco o seu primeiro disco”Aughas Mortas”, onde interpreta pezas recollidas da tradición popular galega.
O sábado 22 de maio, o día grande das festas de Santa Rita, actuará a intérprete galega Silvia Penide, gañadora do segundo premio Martín Códax.
E o domingo, no mesmo escenario terá lugar o V Encontro Folclórico Santa Rita, no que actuarán os grupos de gaitas e baile Mar de Arousa, de Bamio; Nós, de Sobradelo; O Souto, de Rubiáns; e Embruxo de Guillán.

Como xa se fixera nas festas de San Roque, o recinto dos concertos estará acotado e as 210 prazas dispoñibles serán para público sentado e distanciado entre si, que deberá usar máscara obrigatoriamente, ter reservada praza e chegar con antelación suficiente para ser acomodados sen aglomeracións. As localidades que non se ocupen ao inicio do espectáculo abriranse para as persoas que se atopen na zona.
A reserva previa das entradas realizarase a través da plataforma woutick.es.

No programa non faltan os tradicionais pasacalles de grupos de gaitas do municipio que animarán as rúas e zonas peonís da cidade en sesións de mañá e tarde.

No que aos artistas participantes nas festas de Santa Rita, Sonia Outón, apuntou que “seguimos apostando pola cultura galega e local, con grupos e actividades da casa e que contribuén a potenciar o talento local”.

O programa de Santa Rita tamén ten unha actividade moi especial dedicada ao público infantil. Tratase do “Festivaliño on the road” un certame de curtametraxes infantís que se celebrará o 22 de maio nos Xardíns de Ravella co patrocinio de Gadis,. Como o resto das actividades das festas, tamén esta será de balde, previa reserva a través da web http://www.festivalino.com

Actos litúrxicos

No que se refire aos actos relixiosos a celebrar o 22 de maio, o Concello volve a colaborar co Convento das Agustinas de Vista Alegre na organización e control dos protocolos para asistencia ás misas. Ademais de poñer a súa disposición medios materiais (casetas e cadeiras) tamén se prestará axuda co persoal de Emerxencias para o acceso e control de aforo nos actos litúrxicos, aos que haberá que acudir previa retirada do ticket para a misa que corresponda. Dada a redución de aforo no interior do templo para garantir as distancias de seguridade, a efectos de facilitar que maior número de fieis poidan asistir ás misas do día de Santa Rita, este ano a congregación habilita a zona axardinada contigua á igrexa para asistir ás misas dende as cadeiras que se instalarán ao aire libre.
Como pasou o ano pasado, tampouco este ano haberá procesión.


Consulta aquí o programa e horarios do programa de festas:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -