AVISOS
O acceso rodado á Praza da Peixería dende as rotondas do Cavadelo e do Obelisco péchase a partir do 26 de xuño A Policía Local de Vilagarcía advirte de que o acceso rodado á zona da Praza da Peixería pecharase ao tráfico a partir de mañá, sábado 26 de xuño, e ata o domingo 4 de xullo, semana na que o recinto cultural e a zona exterior da rúa acollerán os concertos do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, Clasclás. O peche sinalizarase tanto na rotonda do Cavadelo como na do Obelisco.
25.06.2021.- A Policía Local explica que durante o período mencionado, só poderán acceder ao tramo pechado os vehículos policiais, de emerxencias e dos servizos municipais. Os autobuses urbanos deberán facer as súas entradas e saídas ás dársenas do Cavadelo a través da Avenida da Mariña (por diante dos xulgados). Ademais, pregan que os automóbiles usuarios do Párking do Cavadelo utilicen a rúa Elpidio Villaverde, tanto para a entrada como para a saída do aparcamento, coa finalidade de xerar o menor ruído posible no recinto no que se desenvolverán os concertos.