CONCELLO
O Concello conmemora esta fin de semana o Orgullo e o Día Internacional da xordocegueira Vilagarcía súmase esta fin de semana ás conmemoracións do Día Internacional da Xordocegueira, que se celebra o domingo 27 de xuño, e do Día do Orgullo LGTB, que se festexa un día despois. Para amosar o apoio a ámbalas dúas causas, o Concello iluminará de verde a partir desta noite as fontes das Prazas de Galicia e da Independencia e o Obelisco, e xa colgou unha pancarta multicor no balcón do consistorio.