_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os concellos do Salnés poderán manter as terrazas abertas ao 100% ampliando a superficie e garantindo as distancias

Os concellos do Salnés que actualmente están no nivel alto de restricións poderán manter as súas terrazas abertas ao 100% ampliando a superficie que teñen autorizada e garantindo deste xeito a distancia de seguridade entre mesas e usuarios. Igualmente, todos os establecementos con licenza de hostalería poderán funcionar como cafetería ata a unha da mañá, unicamente en terraza. Así o anunciou a primeira hora da tarde a Consellería de Sanidade ao alcalde de Vilagarcía.
16.07.2021. . Previamente, Alberto Varela puxérase directamente en contacto coa Xunta, una vez que se coñeceu a decisión do comité clínico de manter o actual estado de cousas ao menos ata o vindeiro martes; unha decisión que non era, nin moito menos, a que esperaban os hostaleiros nin tampouco os alcaldes, á vista dos novos criterios para establecer os niveis de restricións.

Na conversa, Alberto Varela lle transmitiu á Consellería as consecuencias que, ao seu xuízo, podería ter tal decisión do comité, dado o drama que significa para a hostalería seguir pechada outra fin de semana, e máis en plena tempada alta, ao que hai que engadir que nin hostaleiros nin comerciantes entenden que outros concellos poidan manter os seus establecementos abertos cando presentan datos iguais, cando non peores, a outros concellos do Salnés que, sen embargo, están catalogados nun nivel superior de restricións. O alcalde de Vilagarcía insistiu en que mentres non se reúna de novo o comité, é preciso permitir que a hostalería poida seguir traballando ao menos no exterior e nas mellores condicións de seguridade.

Finalmente, os responsables da Consellería de Sanidade accederon ao proposto por Varela, que xa se puxo en contacto coa Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas (Ahituvi) para darlle a coñecer este cambio na súa situación e, igualmente, coa Policía Local, a fin de que teña en conta esta autorización temporal para ocupar máis espazo público do que figura na licenza de terrazas. O interior dos locais, sen embargo, seguirá pechado, e, evidentemente, isto só afecta os establecementos que xa teñen licenza de ocupación de solo público e, sendo así, naqueles zonas onde é posible fisicamente ampliar as terrazas. Dende o concello lémbrase, con todo, que a propia ordenanza de terrazas prohibe emitir música ou imaxes ao exterior dos locais hostaleiros.

Malia esta solución de alivio da presión sobre a hostalería, o alcalde reiterou “a necesidade de que todos sexamos responsables, esteamos vacinados ou non, e teñamos a idade que teñamos, sexamos clientes ou propietarios dun establecemento de ocio. Mentres non nos acheguemos á inmunización colectiva, a prudencia e a responsabilidade individual serán o mellor antídoto fronte á crise sanitaria”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -