_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O concello destina 50.000 euros a subvencionar a creación de postos de traballo en empresas

O goberno de Alberto Varela aprobou onte unha nova edición da convocatoria de axudas para fomentar a contratación de traballadores por conta allea. A contía é de 50.000 euros e en función das características da empresa e o cumprimento dunha serie de requisitos, a axuda oscilará entre os 500 e os 3.000 euros.
21.07.2021. A presentación de solicitudes estará en vigor unha vez que se publiquen as bases no boletín oficial da provincia (BOPP) –normalmente, a vindeira semana- e permanecerá aberto ata o 15 de outubro. Estas axudas se suman ás que se destinan ao emprendemento e a creación de novos negocios, por importe de 42.000 euros, cuxas solicitudes xa se poden realizar ata o 30 de setembro ou o 31 de outubro, segundo cando se creara o negocio ao longo de 2020.

No caso das axudas á contratación por conta allea, unha das súas características principais é que están abertas a calquera industria radicada nas comarcas do Salnés ou de Caldas, pero coa condición de que o beneficiario/a do contrato teña residencia en Vilagarcía de Arousa, cunha antigüidade mínima no padrón de habitantes dun ano. Os contatos a subvencionar terán que ser a tempo completo en calquera das modalidades contractuais vixentes, unha duración mínima de seis meses e deberán estar formalizados entre o 1 de decembro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. As empresas poderán obter axudas para un máximo de tres contratacións.

Como parece obvio, non poderán participar na convocatoria as empresas acollidas a plans de reconversión, nin as que non se atopen ao corrente coas súas obrigas coa SEguridade Social ou a Facenda (estatal e autonómica) nin tampouco co Concello de Vilagarcía, nin, por suposto, aquelas que foran sancionadas por vulnerar os dereitos laborais ou de seguridade dos seus traballadores.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -