FESTAS
Inmaculate Fools será o prato principal dun ciclo de concertos de San Roque marcado pola seguridade e os protocolos covid O grupo británico Inmaculate Fools, unha banda formada en Kent nos anos 80, que chegou a ter certa sona no pop internacional e que no 2020 publicou o seu último disco, "Stardust and Water", será a cabeza de cartel do ciclo de concertos de San Roque 2021. Un ciclo que, coma as festas mesmas (non haberá Festa da Auga nin Combate Naval nin ningún acto multitudinario), estará moi marcado pola actual crise sanitaria. Deste xeito, todos os concertos serán en espazos abertos aínda que acoutados e con aforo limitado, aos que se só se poderá acceder mediante reserva previa aínda que gratuíta.
24.07.2021. Os concertos na Xunqueira terán unha capacidade máxima de 500 espectadores. No cartel figuran grupos e solistas como Fuel Fandango, Funzo&Baby Loud, Lucía Pérez, Álvaro de luna e Baiuca. A cota local estará representada por TNT, a Banda de Cámara Arousa, Chaladura Rock, Catuxa Salom, Perseguidor e Wigga. Os concertos se celebrarán ás 23:00 horas, agás que existan novas restricións horarias, e con todo o público sentado. Os abreconcertos (as actuacións dos "teloneros") arrancarán, de ser o caso, ás 20:00 horas.
O ciclo comezará o venres 13, con Fuel Fandango. O sábado 14 será a quenda de Inmaculate Foods, precedidos pola banda local TNT. O domingo 15 se subirán ao escenario Funz&Loud, o concerto especialmente programado para o público máis novo. O 16, día de San Roque, haberá un cambio radical: Lucía Pérez. O martes 17 os protagonistas serán locais: a Banda de Cámara Arousa, primeiro, e acto seguido, Chaladura Rock.
O mércores 18 tamén haberá "Son da Casa": Perseguidor e Wigga. O xoves 19 actuará na Xunqueira alguén que, en certo modo, tamén é da casa: Baiuca, que fusionará a música tradicional coa electrónica. Álvaro de Luna encherá de calidez o escenario co seu hit "Juramento eterno de sal" o venres 20. Ese mesmo día, pero na Alameda, outro grupo local, Catuxa Salom pechara o "Son da Casa", para dar paso, o sábado 21, ao incombustible Grupo América, que fará un repaso dos grandes éxitos do pop e o rock dende os anos 70 ata agora.
Fora destes concertos, o domingo 22 tamén se celebrará, no parque do Castriño, unha nova edición do Folk no Alobre, que inclúe diversas actividades, algunhas tamén musicais, e que será obxecto dunha presentación pública específica. Pola súa banda, o Festaclown, unha das citas máis celebradas de San Roque, se desenvolverá entre o 16 e o 21 de agosto. Ao igual que no resto das actividades, o acceso será limitado e con rexistro de asistentes, e cumprindo con todas as medidas que nese momento teñan en vigor as autoridades sanitarias.
Malia as dificultades derivadas da crise sanitaria e todo o que iso conleva en duplicar esforzos e gastos en medidas de seguridade, o concello quere seguir defendendo a industria cultural e, ao tempo, axudar aos sectores hostaleiro e comercial.