_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A formación universitaria para maiores de 50 anos a impartir en Vilagarcía abre o prazo de matrícula a vindeira semana

A Concellería de Educación lembra que o prazo de matrícula para asistir aos cursos universitarios do programa IV Ciclo, a celebrar na sede de Vilagarcía a partir de outono, ábrese o vindeiro 1 de setembro. A través deste programa da Universidade de Santiago de Compostela, persoas maiores de 50 anos, independentemente do se nivel de estudos, poderán acceder á formación universitaria e obter o diploma Sénior que ofrece a institución académica ás persoas que completan os catro cursos. Neste primeiro ano e debido ás restricións sanitarias, a sede IV Ciclo de Vilagarcía ofrecerá 30 praza que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
23.08.2021.- A creación dunha sede permanente do programa IV Ciclo en Vilagarcía é posible grazas ao convenio de colaboración subscrito entre o Concello e a USC. Co obxectivo de universalizar o ensino universitario e facilitar o acceso á formación regrada aos colectivos de maior idade, o Concello pon o local e financia a posta en marcha desta sede e a USC imparte a formación a través dos seus profesores e titores. O convenio ten unha duración inicial de 4 cursos académicos, o que permitirá aos asistentes completar o número de créditos que lles permitan obter o título Sénior da USC.

Os coñecementos do programa IV Ciclo son multidisciplinares. Neste primeiro curso impartiranse cinco materias: Historia e Cultura de Galicia, Xeografía de Galicia, Iniciación á Bioloxía Humana, A Política de Hoxe e Astronomía. A suma das cinco asignaturas aportará ao alumno un total de 15 créditos, que poderá completar nos seguintes tres anos para acadar os 60 que son necesarios para a obtención do diploma.

Os alumnos deberán obrigatoriamente inscribirse nas cinco materias, que se impartirán de forma presencial nas instalacións do Centro Municipal de Formación de Matosinhos, e a asistencia do alumnado tamén será obrigatoria.

Por tratarse de formación universitaria que permite a obtención dun título, a taxa de matriculación ascende no primeiro curso a 193,35 euros, cantidade que se reduce a 171 euros nos seguintes tres anos. A USC concede bolsas de axuda para facer fronte aos custes de matrícula para aquelas persoas solicitantes que acrediten menores niveis de renda.

O único requisito que deben cumprir os interesados é ter cumpridos os 50 anos a 31 de decembro de 2021. Para realizar a matrícula, deberán dirixirse ao persoal de Educación (situado no mostrador principal da zona de Rexistro do Concello) e presentar o DNI e o certificado de titularidade da conta bancaria, no caso de que desexen domiciliar o pago, que non poderá fraccionarse.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -