_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura pon á venta as entradas para “O Premio” a obra coa que o 25 de setembro se estrea a nova temporada de teatro

A nova temporada de teatro organizada pola Concellería de Cultura de Vilagarcía e a Agadic estréase o vindeiro 25 de setembro ás 20.00 horas coa comedia “O Premio”, coprodución da compañía La Quintana Teatro e o Centro Dramático Galego. As entradas para esta divertida función poranse á venta a partir de mañá, 4 de setembro, a través de ataquilla.com e do teléfono 902504500 (con gastos de xestión). Como é habitual no ciclo organizado pola Concellería, as entradas teñen un prezo reducido de 5 euros para o público en xeral e de 3 euros para maiores, desempregados e titulares do carne xove. O aforo é de 370 butacas.
03.09.2021.- Marián Bañobre dirixe “O Premio”, un espectáculo que se estrutura como un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida. Baixo o lema de “Morrer logrando a fama. Todo para un soño”, o reality prevé tres posibles finais en función dos desexos do público.Trátase dunha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que obriga a xente a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.
O argumento desta obra parte de que nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións somerxa ao país na "crise ao cubo", aos dirixentes do Estado ocórreselles unha insólita medida: crear o xogo da túa vida.
Como outros espectáculos de La Quintana Teatro, esta obra parte da investigación a pe de rúa. Nesta obra explorarase á muller cosmopolita, á muller tradicional, ao home perdido e o prezo da felicidade. Con tan só tres actores sobre o escenario, conseguen crear a convención do espectador de que viaxou 30 años no tempo, ata 2050.

A tempada teatral de outono inclúe ademais outras dúas funcións: A compañía Elefante Elefante representará a súa obra “Dreaming Juliete” o 2 de outubro e o ciclo péchase o 6 de novembro co espectáculo de Ibuprofeno Teatro “A mel non caduca”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -