DEPORTE
Nuria Cascón e Manuel Cores proclámanse vencedores do XIX Torneo de Tenis de Verán da Fundación O tradicional Torneo de Tenis de Verán que organiza cada ano a Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía xa ten os vencedores da súa XIX edición. Nuria Cascón Lapido e Manuel Cores Fernández proclamáronse campións da categoría absoluta feminina e masculina respectivamente, mentres que José Luis Núñez fixo o propio na de veteranos. O trofeo á deportividade foi para Francisco Ultrera Outeda. A entrega dos trofeos realizouse o mércores tras a celebración das últimas finais.
13.09.2021.- O XIX Torneo de Tenis de Verán celebrouse entre o 19 de agosto e o 8 de setembro nas pistas do complexo deportivo municipal de Fontecarmoa. Debido ás restricións da covid, este ano reducíronse as categorías de participación ás tres para maiores de 18 anos mencionadas: absoluta masculina e feminina e veteranos. Asía a todo, xogáronse un total de 43 partidos polo sistema de eliminatoria.
Nuria Cascón impúxose a Nerea Vázquez Brea por 6-0/62 na final da categoría absoluta feminina, mentres que a masculina, na que se bateron Manuel Cores e Breogán Calviño Froiz, saldouse en dous sets por 6-4/6-1 a favor do primeiro.
A final da categoría de veteranos (para xogadores nados no ano 1970 e anteriores) disputada por José Luis Padín e Carlos Busto Lobato resolveuse cun 6-1/6-2. Tamén se xogou unha final de consolación na que Francisco Utrera Outeda venceu a Marcos Diz Rodriguez en tres sets e nun partido moi igualado que deixou un marcador de 7-6/6-7/10-6.