_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo para solicitar as axudas municipais a estudos universitarios e de ciclos superiores de FP

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria das Axudas Municipais aos estudos universitarios e de ciclos superiores de FP que concede o Concello de Vilagarcía a estudantes da cidade. Como nas edicións anteriores, as axudas ascenden a 400 euros para alumnos de estudos universitarios e de 200 para os demais incluídos na convocatoria. As solicitudes, xunto coa documentación que figura nas bases, deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal). O prazo ábrese mañá, 14 de setembro e remata o 17 de outubro. O Concello dispón dunha partida de 60.000 euros para financiar estas bolsas de estudos.
13.09.2021.- A convocatoria refírese a estudos realizados durante o curso 2020/21. Por iso, ademais de estar empadroados en Vilagarcía, un dos principais requisitos para acceder a estas subvencións é que, en caso de estudos universitarios ou de nivel similar, os alumnos teñan cursado un mínimo de catro materias anuais ou un mínimo de 30 créditos por curso. No caso dos ciclos superiores esíxese que os estudos se realizasen na modalidade de dedicación a tempo completo. E en ámbolos dous casos, para recibir a axuda terán que xustificar ter superado, polo menos, o 50% das materias nas que estivesen matriculados no curso 2020/21.

Esta é a sexta convocatoria desta liña de axudas creadas polo executivo socialista para garantir a igualdade de oportunidades no que á formación e estudos se refire, de xeito que a situación económica familiar non sexa obstáculo para elo, dado o elevado custe que isto supón para as familias con economías máis febles. Por iso as axudas concédense en base aos niveis de renda familiar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -