_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Vilagarcía abre a selección de alumnos para os obradoiros de Atención sanitaria e Montaxe eléctricos e sistemas demóticos

O Concello de Vilagarcía vén de recibir a confirmación da probación por parte da Xunta do proxecto do obradoiro de emprego FORME 2021, razón pola que inicia o procedemento para a selección do alumnado e do persoal docente que participará nesta nova edición do programa dual de emprego. Un total de 20 persoas en situación de desemprego poderán participar en calidade de alumnos no obradoiro que inclúe os módulos de “Atención sociosanitaria e teleasistencia” e de “Montaxe e mantemento de redes eléctricas e sistemas demóticos e inmóticos” (10 prazas en cada un deles).
Os obradoiros comezarán a impartirse a mediados de outubro e os alumnos recibirán unha formación teórico-práctica de 9 meses, período no que percibirán o salario previsto na orde que regula este tipo de programas de emprego.

Os obradoiros duais de emprego como o FORME son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional relacionada directamente coa especialidade correspondente, procure a súa cualificación profesional e favoreza á súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Na parte práctica da formación, o alumnado terá que desenvolver traballos de fin social a desenvolver no eido da administración local e que lles permitan tomar contacto sobre o terreo coas labores e funcións para as que se están preparando profesionalmente. Os alumnos de Atención sociosanitaria realizarán estas prácticas na Área de Servizos Sociais do Concello, colaborando na atención sociosanitaria e axuda a domicilio en base ás distintas patoloxías a usuarios dos Servizos Sociais e tamén xestionando chamadas de teleasistencia dos usuarios das concellerías de Muller e Seguridade Cidadá.

Os alumnos da outra especialidade realizarán prácticas no servizo municipal de Electricidade efectuando traballos de instalación eléctrica de alumeado público soterrado e aéreo, e de instalación de sistemas demóticos e inmóticos en infraestruturas e rúas de titularidade municipal.

Ao rematar o obradoiro, os alumnos recibirán os correspondentes certificados de profesionalidade que se esixen na actualidade para optar a este tipo de traballos. Os da especialidade de “Atención socio sanitaria e teleasistencia” obterán a certificación de profesionalidade de Nivel 2 (con códigos SSCS0108 e SSCG0111) e os de “Montaxe e mantemento de redes eléctricas e sistemas demóticos e inmóticos” o correspondente de Nivel 1 (con códigos ELEE0108) e Nivel 2 (con código ELEMO111)

Os interesados en participar no FORME 21 como alumnos deben estar inscritos como demandantes de emprego do Servizo Público de Colocación cos códigos de especialización indicados, a efectos de que sexan incluídos na lista de aspirantes. Posteriormente realizarase a selección definitiva entre aqueles que se axusten ao perfil recollido na Orde que regula a convocatoria dos obradoiros

Para poder desenvolver o FORME 202, o Concello de Vilagarcía conta cunha subvención de 346.946 euros aos que a administración local terá que completar con 30.000 euros máis.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -