_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O Concello proxecta o ensanche da Rúa Centro, en Castroagudín, para gañar seguridade viaria

No marco do Plan Municipal de Mellora de Camiños Rurais e das actuación que se levan a cabo para mellorar a seguridade viaria, o Concello de Vilagarcía proxecta o ensanche da Rúa Centro, en Castroagudín, atendendo así a unha demanda trasladada pola veciñanza do lugar ao concelleiro de Relacións Veciñais, Lino Mouriño. A Xunta Local de Goberno aprobou o proxecto da obra a realizar, que inclúe a construción dun muro de contención para permitir o ensanche, e para a cal se conta coa colaboración da Comunidade de Montes que cede os terreos dar o ancho necesario á rúa. A actuación ten un custe de 33.400 euros.
15.10.2021.- A parte máis traballosa do proxecto será a construción do muro de contención para salvar o desnivel entre a Rúa Souto de Arriba e a Rúa Centro. Para isto, antes haberá que demoler o peche dunha edificación en ruínas que se atopa no lugar, e se realizarán os movementos de terras e escavacións necesarios para abrir e ensanchar a caixa de terreo da calzada.
A actuación continuará co perfilado de refino do noiro de desmonte existente, coa construción do novo muro de contención, e completarase coa instalación dunha varanda con pasamáns e a pavimentación do vial. Tamén se desmontará e se reubicará un poste de telecomunicacións de madeira existente neste punto.

Agora que xa se dispón do proxecto técnico e de que este xa foi aprobado pola Xunta de Goberno, procederase a buscar a vía de financiamento para executar os traballos tan pronto sexa posible.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2021  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -