_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
ACOUGA e o Concello informan nunha charla sobre o sistema de acollemento familiar

No marco das liñas de colaboración e do convenio que o Concello de Vilagarcía asinará coa Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, o Auditorio Municipal acolle o vindeiro martes, 14 de decembro unha charla informativa sobre o sistema de acollemento temporal de nenos e menores de idade que se atopan en situacións de vulnerabilidade e desprotección. A actividade comeza ás 19.00 horas e está aberta a toda a poboación. Para asistir só será preciso inscribirse previamente.
29.11.2021.- A charla leva por título “Contigo Florece. Xerando Cultura de Acollemento”, e a súa intención é a de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, ao sistema das familias de acollida. Debido á relevancia social deste tema, tanto a Concellería de Servizos Sociais como ACOUGA animan á veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida tan descoñecida e á vez tan beneficiosa para a rapazada e tamén as familias que os reciben. Búscase
achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e
dar a coñecer o acollemento familiar.

Para o desenvolvemento da actividade seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición: “Inscrición Vilagarcía” ao que se pode acceder a través do enlace:
https://forms.gle/GQ2m8aPEc5XNafRr9
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -