_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O mercado de Nadal abre o venres pola tarde cunha variada oferta de decoración, artesanía, agasallos e gastronomía

O venres 3 de decembro pola tarde, comezará o Mercado de Nadal no que este ano participan 34 firmas comerciais de diversos sectores (5 máis que o ano pasado) e 4 ONGs do municipio. Haberá unha ampla variedade de produtos relacionados coas festas de Nadal que os visitantes poderán adquirir ou mesmo degustar en situ, actividades que irán acompañadas de música ambiental e mesmo dalgunha actuación en directo nas inmediacións para ir creando ambiente nun mercado cuxa decoración xa de por si supón un atractivo para ser visitado e un elemento dinamizador. Como xa se fixo o ano pasado, para garantir as medidas de seguridade ante o COVID, as casetas que compoñen o mercado repartiranse entre as prazas da Independencia e de España para evitar concentracións de xente e facilitar a separación entre postos.
01.12.2021.- Árbores de Nadal, bolas, figuriñas e obxectos para decoralos; coroas, centros de mesa e outras ornatos vexetais para adornar a casa durante estas festas; calcetíns e xerseis con motivos de Nadal; todo tipo de artesanía para regalar; turróns, mazapáns e outros doces típicos destas datas; embutidos cos que comezan as comidas e ceas das celebracións, mel, aceite e ata viños e produtos de comercio xusto se poderán adquirir do 3 de decembro ao 2 de xaneiro no Mercado de Nadal de Vilagarcía. A maiores, os visitantes tamén poderán degustar in situ algúns produtos na caseta dun foodtrack para a venta de crepes, gofres e chocolate quente.

Participan no mercado tanto establecementos locais, como outros procedentes de outros municipios galegos e incluso se conta coa presenza dunha firma asturiana de queixos e outra de embutidos zamoranos.

Para continuar contribuíndo á recuperación do pequeno comercio tras as perdas ocasionadas pola pandemia, a participación é de balde, xa que o Concello exime aos asistentes tanto do pago do aluguer das casetas municipais como da taxa de ocupación da vía pública. O único compromiso que teñen que asumir cumprir os calendarios e horarios de apertura establecidos nas bases e coiden o material propiedade do Concello.
Así, as 16 casetas do mercado terán que estar abertas todos os días de 11 a 14 e de 17 a 21 horas, coa excepción dos días 24 e 31 de decembro, que terán horario continuado de 11 a 18 horas, e do 25 de decembro e 1 de xaneiro, que abrirá unicamente pola tarde, de 17 a 21 horas.

Crear ambiente
O Mercado de Nadal tamén funciona como elemento de ornamentación de Nadal, posto que as casetas estarán completamente decoradas e iluminadas de acordo con estas festas. Ademais, para crear un clima agradable e típico de Nadal, contará con música de ambiente e incluso algunha actuación musical el directo.

Vertente solidaria

Como non podía ser doutro xeito, e máis aínda nestas datas, o Mercado de Nadal, terá unha vertente solidaria xa que o Concello reservou unha das casetas para uso exclusivo de colectivos sociais sen ánimo de lucro que traballan no termo municipal. As catro ONGs inscritas tamén irán turnando o uso da caseta para poder vender os artigos que os seus usuarios realizan nos talleres ocupacionais , así como produtos de comercio xusto e outras cousas cuxos ingresos axudarán ao sostemento das entidades sociais.
Os colectivos que participan son Asociación Galega de Lindefema, Solidariedade Internacional Galicia-Comercio Xusto, Asociación Lar e asociación de TDAH.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -