_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Sociedade Filarmónica trae a unha virtuosa do piano para un concerto solidario en favor de “Amigos de Galicia”

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía quere dedicar o seu último concerto do ano a fines benéficos. Así, todo o recadado polas entradas dos non socios (18 euros) no recital da pianista de orixe hindú-norteamericano Pallavi Mahidhara será destinado a Amigos de Galicia. De todos os xeitos, todos os asistentes, socios e non socios, poderán facer un donativo, se así o desexan, nos prolegómenos do concerto. A cita será o vindeiro sábado, día 11, ás 21:00 horas, no auditorio. As entradas poranse á venda a partir das 20.horas no mesmo recinto.
O recital, baixo o título “Un piano romántico” terá un formato distinto ao habitual e moi didáctico. Así, nesta ocasión o programa será “sorpresa”, de xeito que unicamente a artista coñece que pezas vai tocar. Serán desveladas na mesma velada cunha explicación previa de Mahidhara sobre cada composición.

Malia a súa orixe, e ter estudado, traballado e tocado en distintos lugares do mundo, a artista fala perfectamente o castelán, non en vano é actualmente asesora artística e profesora de piano da Escola Superior de Música Reina Sofía en Madrid. Pallavi Mahidhara fixo o seu debut orquestral con tan só dez anos, actuando no Festival Ravinia de Chicago. Conta con diversos premios internacionais e recibiu varias veces o premio “Sobresaliente” das mans da raíña Sofía. Eloxiada polo seu arte único e a súa carismática presenza no escenario, Mahidhara ten actuado como solista ou como parte dunha orquestra ante auditorios de Berlín, Washington ou San Petersburgo, por citar só algúns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -