_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello segue co seu plan de humanizacións, que chega agora á rúa Aquilino Iglesia, nos Duráns

.- O plan de humanización de rúas e prazas emprendido polo goberno de Alberto Varela dará un novo pulo nos vindeiros meses co proxecto de reforma da rúa Aquilino Iglesia, no tramo que une a rúa dos Duráns –que xa foi obxecto de mellora hai pouco tempo- coa de Eduardo Pondal. Trátase dunha vía de tránsito cara unha zona onde hai numerosas vivendas e na que están tamén a sede de Correos, unha escola de danza e outra de taekwondo.
04.12.2021. O tramo de rúa sobre a que se vai actuar presenta un deterioro notable no seu pavimento e unha forma moi irregular e estreita nalgúns casos pola presenza de dous muros. O concello xestionará o derrubo cos seus propietarios, posto que están fóra de ordenación. Como consecuencia, gañaríase espazo e, sobre todo, seguridade e zonas de convivencia.

A superficie total a humanizar son 950 metros, o presuposto son 178.000 euros e o prazo de execución, seis meses trala adxudicación. A Xunta Local de Goberno aprobará o proxecto realizado por Lam Villa Arquitectura na súa vindeira sesión, o próximo xoves. Logo será enviado á Deputación, para a súa inclusión no Plan Concellos de 2022.

Como vén sendo habitual en actuacións similares levadas a cabo no resto dos cascos urbanos de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, a solución prevista pasa por crear unha plataforma única, o que redundará nunha maior flexibilidade no uso do espazo, unha mellor seguridade e accesibilidade, e a creación de espazos de convivencia. Neste caso, a proposta prevé dotar á rúa dunha área axardinada con gardenias jasminoides e nun circuíto de axilidade e xogos pensado especialmente para os máis pequenos, que poderán xogar con total seguridade. Aínda que os vehículos poderán seguir pasando, como ata agora, só poderán facelo para acceder aos garaxes e o aparcamento do Eroski, a zona será de prioridade peonil.

Para facer posible esta transformación dunha zona degradada, estreita e pouco segura noutra aberta e de convivencia, o proxecto contempla, como xa se dixo, o derrubo dos dous muros que hoxe están fóra de ordenación, e para iso o goberno local iniciará negociacións cos seus propietarios. En todo caso, se renovarán todas as infraestruturas: de auga, de saneamento, de telecomunicacións –no futuro, as empresas terán que solicitar permiso ao Concello para pasar as súas redes unicamente polos condutos municipais-, e tamén de electricidade e sinalización. As luminarias serán igualmente renovadas, utilizando a tecnoloxía led. O pavimento será de formigón con distintas texturas e outros materiais para marcar o circuíto de xogos e axilidade para os máis pequenos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -