_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Dúas empresas presentan ofertas para equipar a ampliación do VaiBike!

O concurso convocado polo Concello para adxudicar a ampliación do servizo municipal de aluguer de bicicletas, o VaiBike!, vén de pechar o prazo de presentación de ofertas con dúas empresas interesadas no contrato licitado por 178.505 euros. Como se sabe, o Concello segue a implementar as políticas e accións destinadas a promover o uso da bicicleta como medio de trasporte ecosaudable e alternativo aos vehículos de combustión, para o cal, mediante esta nova actuación, se triplicará o número de estacións (pasan de 5 a 16) e se renovará todo o parque móbil, que se comporá de 79 bicis, das cales 4 serán do modelo "handbike" adaptado para o uso con cadeira de rodas.
06.12.2021.- A ampliación do servizo enmárcase nas estratexias e políticas que promove a UE, de aí que a ampliación se financie a través dos fondos europeos do proxecto “Vilagarcía Avanza”, incluído nas estratexias EDUSI, en concreto na liña de Mellora da Mobilidade Peonil e Ciclista para favorecer o paso ás economías de baixo nivel de emisións de carbono. Para que esta aposta pola bicicleta teña éxito, tamén e preciso habilitar as infraestruturas necesarias para que os usuarios poidan desprazarse nelas de forma segura. De aí que, de forma paralela, e tamén con fondos europeos, xa se estean a construír as ciclovías.

As 11 novas estacións de bicicletas situaranse no Rial, O Freixo, na contorna dos edificios de As Gaivotas, no novo paseo marítimo de Canelas, no campo Manuel Jiménez, en Fexdega, nas Carolinas, na rúa San Roque (nas inmediacións do IES Castro Alobre), na Praza de Ravella, na Praia da Compostela, e na contorna do ES de Carril. Deste xeito abárcase practicamente todo o entramado urbano de Vilagarcía (xa que as EDUSI están destinadas a acción en contornas urbanas), coa intención de continuar avanzando no futuro cara as parroquias do rural.

Estes novos puntos súmanse aos xa existentes no Cavadelo, Parque de Dona Concha (Vilaxoán), Carril, O Piñeiriño e na estación de ferrocarril. Os equipos destes consérvanse, xa que os das novas estacións deben ser totalmente compatibles e estar fabricados con sistemas antivandálicos.

Cada estación contará con 6 aparcabicis e deberán estar dotadas con sistemas de eficiencia enerxética ou enerxías alternativas que permitan o aforro de electricidade, e tamén deberán incluír un punto de recarga para bicicletas eléctricas.

No que ás 79 bicicletas se refire, estas deben cumprir unha serie de requisitos como responder a criterios antivandálicos, estar fabricadas en materiais resistentes á exposición á intemperie, deseño adaptado ao uso urbano, contar con tres marchas, gardabarros, iluminación, timbre e demais elementos de seguridade, freos dianteiro e traseiro, cesta o soporte para transportar bolsos de xeito seguro, así como sillíns acolchados, argonómicos e axustables. Como xa se dixo antes, 4 dos vehículos terán que ser do modelo “hand bike” para que poidan ser utilizadas por persoas con mobilidade reducida.

Como se sabe, esta é a segunda vez que se saca a licitación a ampliación do BaiBike! xa que, debido as novas condicións da economía mundial, o primeiro quedou deserto. Para facer os pregos máis competitivos para as empresas que viron incrementar de forma considerable os custes de produción nos último ano, mantendo o prezo de licitación, o Concello realizou pequenos axustes nos pregos, principalmente de carácter técnico. Os máis destacables son que os modelos das bicicletas limítanse a unha talla única regulable e en canto ao material das estacións de servizo, que inicialmente se restrinxía a aceiro inoxidable, permitirase tamén o aceiro galvanizado. Dado que non existe un sistema de ancoraxe universal que sexa válido para todo tipo de cadeiras de rodas, tamén se eliminou a obriga de que todas as bicis estivesen dotadas deste mecanismo. E reducíronse 2 bicicletas handbike.

Melloras a ofertar polas empresas

Maila isto, as empresas poden ofertar como melloras estas e outras medidas que serán debidamente puntuadas no concurso. De feito, como requisitos non obrigatorios, pero si a incluír como melloras, os pregos apuntan a que poida aportarse unha porcentaxe de bicicletas de pedaleo asistido, é dicir, que combinen a impulsión de pedaleo coa eléctrica. Tamén puntuará na avaliación das ofertas a inclusión de bicicletas dotadas con sistemas portabebés, que permitan transportar a cativos de forma segura.

Unha vez recibidas as propostas, os servizos de Contratación deberán comprobar que as empresas cumpren os requisitos do concurso e avaliar tanto as ofertas técnicas como económicas. Unha vez adxudicado o contrato e asinada a documentación, a adxudicataria disporá dun prazo de 4 meses para realizar o subministro dos equipamentos e ter executadas as instalacións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -