COMERCIO E INDUSTRIA
Trinta e seis establecementos participan no Concurso de Decoración de Nadal Os establecementos comerciais e hostaleiros de Vilagarcía dan cada ano máis importancia a ambientación de Nadal como xeito de dinamizar as rúas e tamén os seus negocios. Exemplo disto é o número de locais que participan este ano no IV Concurso de Decoración de Nadal convocado pola Concellería de Promoción Económica, que conta con 36 inscricións de establecementos de todo tipo: bares e cafeterías, comercio de moda e calzado, perruquerías, librarías e papelerías e ata farmacias, unha óptica, tendas de decoración, unha panadería e unha tenda de bicicletas. Pechado o prazo de inscrición, o xurado percorrerá os locais nos vindeiros días puntuar a decoración antes de reunirse para emitir o fallo do concurso no que se repartirán 1.785 euros en premios.
07.12.2021.- Os establecementos que concursan son O Muíño Vello, Duque, London, Megos, París, Estocolmo e o bar do Gato Negro. Tamén as tendas de moda, calzado e complementos Kokoe, Neira, Yosu, El Baúl de Poppy, Lencería Carmen, Baby Box, Imaxe Moda, Chic Home, María Costureiro, Calzados Acosta, Little Dreams. Súmanse Motobazar, Panadería Lourido, a librería Vidal, Castromán, La Tetereta, Arosa Casa, Algocan Pet Shop, Sendeiro, Papelería Arines, Vilaóptica, Dándara, Farmacia Gómez Nistal, Te Ayudo a Regalar, Espacio Terrae, Villafarma, Algodón de Azúcar e as perruquerías Tijeras de Diseño e Carolina Tourís.
Con esta iniciativa, ademais de dinamizar a actividades nos locais participantes, a concellería que dirixe Alba Briones, pretende que a iluminación de Nadal que pon o Concello nas rúas e prazas da cidade se vexa complementada coa decoración dos exteriores dos establecementos, creando así moito máis ambiente navideño nas rúas da cidade. Ademais de inscribirse, os participantes deben cumprir certos requisitos como manter a decoración de Nadal do 3 de decembro ao 6 de xaneiro, como mínimo, e ter a iluminación prendida ata as 22.00 horas. Tamén terán que poñer nunha zona visible do escaparate ou a entrada ao local o cartel que lles entregará o Concello e que os identifica como participantes no concurso.
O xurado valorará aspectos como si se decora só un elemento ou todos (escaparate, fachada e acceso), a iluminación, o uso de materiais naturais e de reciclaxe e a innovación e deseño.
O establecemento mellor valorado obterá o primeiro premio, dotado con 595 euros. A maiores concederanse dous segundos premios por importe de 395 euros cada un, e outros dous terceiros de 200 euros.