_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Plan de Mellora de Infraestruturas Deportivas Municipais continuará cunha nova actuación no campo de Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía xa ten planificada unha nova actuación no marco do Plan de Mellora de Infraestruturas Deportivas Municipais. Neste caso, e como tamén se fixo no campo da Lomba, está prevista a substitución da cuberta da grada de espectadores do campo de fútbol de Vilaxoán. A memoria descritiva da obra xa está elaborada e aprobarase na Xunta de Goberno deste xoves. A actuación está orzamentada en 43.334 euros e o seu financiamento incluirase no Plan Concellos 2022 da Deputación.
07.12.2021.- A obra a realizar afectará tanto á estrutura da cuberta, como ao propio material de cubrición e tamén á estrutura de formigón que a sustenta. En relación a esta última, procederase a reparar todos os elementos (soportes, zancas, riostras…) do graderío, farase unha limpeza con pistola de area das armaduras descubertas, así como o desoxidado das mesmas para, finalmente, aplicar unha capa de imprimado, protección con resina e reconstrución final con microformigón.

Tamén se actuará na estrutura da cuberta, que se limpará e na que se aplicará un tratamento superficial ás partes metálicas. Finalmente, substituirase a cuberta. A actual cobertura composta por unha chapa sinxela, cambiarase por outra de panel sandwich nervado formado por dúas chapas de aceiro prelacadas con resinas plásticas termoendurecibles. A cuberta contará cun illamento intermedio de polisocioanurato e irá fixada con parafusos de aceiro inoxidable. A intervención complétase cos remates de bordes e cumieiras e a instalacións dos correspondentes canelóns e baixantes de recollida de pluviais.

A obra tería un prazo de execución de 4 meses e un prazo de garantía de 1 ano.
O proceso de contratación dos traballos realizarase tan pronto como a Deputación aprobe o financiamento.

A actuación proxectada pola Fundación Municipal de Deportes vén a complementar a que se realizou hai dous anos cun investimento de 200.000 euros e que permitiu a renovación integral da herba artificial do terreo de xogo, así como o reforzo dos muros do estadio. Nesta obra, a parede do fondo norte que presentaba problemas de inestabilidade, reconstruíse por completo en formigón armado e aceiro, e o muro da banda leste acondicionouse e pintouse.
Anteriormente, no campo de Vilaxoán xa se levara a cabo a reforma dos aseos públicos, seguindo a liña de mellora constante das instalación que está a levar a cabo a Fundación Municipal de Deportes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -