_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Aínda quedan prazas no “bus do teatro” para a representación do sábado de “A Peste” en Santiago

A Concellería de Cultura informa de que aínda quedan prazas libres no “bus do teatro” que pon a disposición dos vilagarciáns o Centro Dramático Galego para facilitar a asistencia á representación da súa última montaxe, “A Peste” o sábado, 29 de xaneiro, no Salón Teatro de Santiago. O traslado de ida e volta a Compostela é de balde e as persoas que se anoten só terán que abonar os 6 euros que custa a entrada a través desta promoción. Para reservar praza hai que dirixirse á Portería do Auditorio Municipal ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@vilagarcia.gal . O prazo remata ás 14.00 horas do venres, 28 de xaneiro.
25.01.2022.- A iniciativa do CDG enmárcase no seu programa de Mobilidade e leva por título “Subes ao autobús do teatro?”. Para asistir á función do día 29 de xaneiro ás 20.00 horas, o transporte partirá do Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 18.30 horas e o regreso está previsto para as 23.00 horas. Ademais de ter reservada apraza no autobús, é requisito obrigatorio presentar o certificado covid.

Elenco e sinopse

“A Peste”, que se estreou o día 20 de xaneiro en Compostela, é unha versión da famosa obra de Alber Camus que, para a produción do CDG, dirixe Cándido Pazó. Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda García, Paku Granxa, Luís Iglesia, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Santiago Prego, María Roja, Santiago Romay e Carlos Sante compoñen o elenco que lles dará vida ás personaxes deste clásico.

O texto aborda de xeito metafórico as grandes pragas causadas polo ser humano.El plena pandemia, a peza ofrece unha reflexión sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A través do personaxe do doutor Rieux, a historia narra os sucesos na cidade de Orán durante unha praga de peste que a asedia e pon os seus habitantes en corentena. Céntrase nos periplos das persoas encerradas, en como loitan contra a praga e lle buscan un sentido á súa situación, primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia, logo a través do esforzo colectivo e comunitario.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -