_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello axusta as contratacións de persoal do Plan Concellos aos cambios normativos que afectan ás bases

Os cambios introducidos nas bases da liña 3 do Plan Concellos da Deputación como consecuencia da normativa laboral fixo preciso reaxustar a proposta inicial presentada polo Concello de Vilagarcía para acollerse aos fondos provinciais. O principal cambio é a duración das contratacións, que pasan a ser dun máximo de 6 meses. A proposta final do Concello inclúe a contratación por ese período e a xornada completa de 36 persoas desempregadas para desempeñar as ocupacións de pintor, electricista, auxiliar administrativo, albanel e peón para a conservación de parques e mantemento de instalacións deportivas.
25.01.2022.- A subvención requirida con cargo ao Plan Concellos para financiar este plan de emprego ascende a 309.224 euros que o Concello complementará con 36.166 euros das arcas municipais. Segundo recolle a circular remitida pola Deputación, as contratacións deberán comezar o 15 de marzo e rematarán o 14 de setembro.

A nova proposta do Concello aínda ten que ser aprobada pola Deputación. Unha vez superado este trámite, o Concello remitirá unha oferta ao Servizo Público de Emprego (antigo INEM), que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes que reúnan os perfís solicitados entre as persoas desempregadas inscritas nas súas listas de demandantes de emprego. Á hora de seleccionar entre candidatos que reúnan o perfil profesional, terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con discapacidade superior ao 33%, membros de familias monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixos e persoas con cargas familiares.

Unha vez incorporados ao plantel municipal, estes traballadores realizarán a súa función nos departamentos de Servizos Sociais e Intervención (no caso dos auxiliares administrativos) e (no caso dos operarios) nos servizos de Obras, Electricidade; Medio Ambiente, xardíns e na Fundación Municipal realizando labores de pintura e sinalización viaria, eficiencia enerxética, conservación, rehabilitación e condicionamento de infraestruturas municipais; limpeza e mellora de parques, xardíns e zonas naturais e no control e mantemento de instalacións de deportes na Fundación Municipal.

As especialidades e número de prazas ofertadas son:

- 2 auxiliares administrativos.
- 5 peóns pintores/empapeladores
- 4 peóns instaladores electricistas
- 14 peóns axudantes de albanel
- 10 peóns de conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos
- 1 peón axudante mantedor de instalacións deportivas
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -