_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía contará este ano cun novo balcón sobre a ría coa construción do miradoiro de Xiabre

Vilagarcía contará este ano cun novo atractivo turístico: o miradoiro de Xiabre que o Concello vai a construír no punto no que se empraza a visitada cruz instalada neste monte. A Xunta de Goberno Local adxudicou os traballos para crear este grandioso balcón con vistas ao nacemento da Ría, obra que executará a empresa vilagarciá Oftefor cun orzamento de 48.031 euros. O investimento finánciase integramente coa subvención concedida polo Grupo de Acción Costeira Local (GALP) e aprobada pola Xunta de Galicia.
25.01.2022.- A actuación promovida pola Concellería de Turismo que dirixe Álvaro Carou pretende poñer en valor a paisaxe como elemento estratéxico e de gran potencial para a atracción de turismo. Ademais de ofrecer unhas vistas privilexiadas da desembocadura do Ulla, de Cortegada e da Ría de Arousa, a través da paisaxe, o miradoiro conectará coa cultura mariñeira e os recursos marisqueiros da Ría, co Parque Nacional das Illas Atlánticas, coa tradición Marítimo-Fluvial Xacobea “orixe de todos os camiños”, co patrimonio arqueolóxico que representan os petróglifos existentes en Xiabre, así como coas rutas de sendeirismo e os valores naturais da zona.

O miradoiro a construír na parte alta do monte onde se sitúa a cruz de ferro consistirá nunha plataforma horizontal de 57 metros cadrados que irá elevada sobre as rochas. A instalación farase de xeito respectuoso co medio natural, polo que non se fará unha cimentación ao uso, senón que a plataforma fixarase ao chan mediante ancoraxes ás rochas. O miradoiro construirase con aceiro galvanizado, ao igual que as varandas protectoras que bordearán todo o seu perímetro.

Antes de comezar coa instalación será preciso desbrozar o terreo e acondicionalo previamente, habilitando unha senda de acceso duns 68 metros cadrados. O proxecto tamén inclúe a colocación de un panel informativo e de ubicación, así como de dous bancos para que os visitantes poidan sentarse a admirar a panorámica.

Unha vez adxudicados os traballos, o seguinte trámite será contratar a dirección da obra e solicitar o subministro dos materiais necesarios para executar o proxecto. Unha vez estean subministrados, poderá comezar a execución do miradoiro, que ten un prazo de 3 meses. Aínda que o remate da actuación dependerá en gran medida dos prazos de entrega dos materiais –que como se sabe están rexistrando moitas demoras a nivel global-, o goberno confía en que o miradoiro xa se poida visitar en verán ou, como moi tardar, en setembro.

Xestións para evitar interferencias do proxecto eólico

De forma paralela, o goberno local está facendo xestións para que o novo proxecto de instalación de aeroxeneradores en Xiabre que promove a firma Engasa Eólica S.A. non interfira na panorámica que se pode admirar dende o miradoiro. Ademais, das alegacións que xa se presentaron ao proxecto incidindo neste aspecto, o Concello xa se reuniu con responsables da Dirección Xeral de Industria para expoñer a situación e tamén mantén conversas coa empresa, á que nunha reunión celebrada en Ravella a semana pasada xa se lles expuxo a postura municipal. Os responsables de Engasa comprometéronse a estudar a posible reubicación dos dous aeroxeneradores que irían máis próximos á zona do miradoiro e comunicar as conclusión aos Concello nos vindeiros días.

A maiores, o goberno local tamén se dirixirá aos distintos organismos autonómicos con algún tipo de competencia neste asunto, tanto dende o punto de vista paisaxístico, turístico e medioambiental, como dende o propiamente industrial, para informar da posición do Concello, deixando claro que non se opón á execución do proxecto eólico, pero si ao emprazamento dos dous aeroxeneradores máis próximos á contorna do miradoiro. Neste senso, dirixirán os escritos ao Instituto do Territorio de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, a esta mesma consellería, a Axencia Galega de Turismo e á Consellería de Industria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -