_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
NOVAS TECNOLOXÍAS
A nova edición do Plan de Inclusión e Capacitación Dixital do Concello oferta 17 cursos gratuítos para maiores de idade

A Concellería de Promoción Económica e Emprego pon en marcha o luns unha nova edición do programa de Inclusión e Capacitación Dixital a desenvolver entre marzo e decembro na aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos. A carta de cursos entre os que elixir amplíase este ano ata as 17 accións formativas, cuxa realización será de carácter gratuíto para os participantes. Os cursos divídense en cinco bloques temáticos tendentes a garantir aos usuarios o coñecemento e manexo das novas tecnoloxías con carácter xeral, o uso do DNI e identificacións electrónicas, o acceso á administración electrónica e mesmo a procura de emprego. Os interesados xa poden inscribirse a partir do luns, 7 de marzo, no Centro de Matosinhos ou chamando ao teléfono 986 511620.
04.03.2022.- A proposta formativa deseñada polo departamento que dirixe Alba Briones diríxese a persoas maiores de 18 anos e está orientada a mellorar a capacitación dixital dos vilagarciáns mediante a realización de diversos cursos que lles permitan acadar os coñecementos necesarios para facilitar a súa inclusión dixital e reducir a fenda dixital. Os cursos están adaptados aos diversos niveis de coñecemento dixital dos usuarios polo que, independentemente de que teñan moito, pouco ou ningún coñecemento previo sobre a materia, sempre atoparán na carta máis de unha acción formativa que se axuste ás súas necesidades.

O primeiro dos cinco bloques nos que se divide o programa é precisamente o de Inclusión Dixital, orientado a usuarios que descoñecen a materia e desexen adquirir uns coñecementos básicos: Nel ofértanse os cursos de Iniciación á informática e internet, Correo electrónico: Webmail, Seguridade na Rede e Inclusión dixital en dispositivos móbiles.

O segundo bloque é o de Ofimática en Software Libre que se impartirá en nivel de iniciación e avanzado en función das necesidades e coñecementos previos dos usuarios. Os cursos que se ofertan neste apartado son os de Procesador de textos, Folla de cálculo, Elaboración de presentacións e Bases de datos.

O terceiro bloque, xa para usuarios con máis coñecementos, é o de Capacitación avanzada en ferramentas TIC. As temáticas dos cursos son as de Deseño de páxinas web con Wordpress, Deseño de contidos interactivos. Canva e Genially, Sincronización de dispositivos e control parental; Cloud Computing e de Retoque Fotográfico.

Dada a importancia das novas tecnoloxías no eido laboral e de acceso a este mercado, o cuarto bloque temático do programa céntrase na Orientación ao Emprego e nel impartiranse os cursos de Redes Sociais e procura de emprego e Deseño dun perfil profesional.

Por último, inclúese o bloque de Administración Electrónica e E-Administracións, un dos máis demandados en vista de que cada vez é máis necesario ter uns coñecementos previos para poder relacionarse coas administracións públicas e realizar calquera tipo de trámite. Neste apartado impartirase un curso sobre O uso do DNI-E. Chave, PIN e Certificado dixital e outro sobre Trámites electrónicos e administración electrónica. A Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía.

Clases presenciais don grupos reducidos de entre 10 e 19 alumnos

As accións formativas realizaranse baixo demanda, polo que se permitirá escoller tanto o contido dos cursos como a súa orde de impartición. Do mesmo modo, permitirase repetir os cursos que se considere preciso. A duración de cada acción formativa oscila entre as 4 e as 30 horas, dependendo do tema a tratar e da súa complexidade ou dimensión do temario. Todos os cursos impartiranse de forma presencial na aula CEMIT do Centro de Matosinhos en grupos reducidos de entre 10 e 19 alumnos.

Formación adiciona

O programa inclúe este ano unha novidade: A posibilidade de que as persoas que realicen un ou máis cursos da carta poidan a maiores, recibir formación gratuíta adicional directamente relacionada coa incorporación laboral, que lles permita complementar o seu currículo vite cos certificados formativos máis demandados: Prevención de Riscos Laborais, Manipulador de Alimentos e Alérxenos, Primeiros Auxilios, Atención ao Cliente e Deseño dun Plan de Negocio, son as propostas ofertadas pola empresa KAEME, encargada de desenvolver o programa municipal. Poderán elixir entre unha destas accións formativas as persoas que rematen unha ou máis dos cursos organizados pola Concellería de Promoción Económica. Neste caso, os cursos impartiranse de forma “online”, facilitando a empresa todos os medios técnicos e persoais necesarios para os usuarios a través das súas propias instalacións e docentes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2022  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
SanRoque 2022
Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS)
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -