_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
Briones expón aos voceiros da Corporación as liñas dos Next Generation e as actuacións a desenvolver no “Vilagarcía Viva”

Informar aos grupos da oposición sobre a convocatoria dos fondos Next Generation aos que ten accedido o Concello de Vilagarcía para dinamizar o comercio de proximidade a través do “Vilagarcía Viva” e comunicar as primeiras iniciativas a desenvolver no marco deste programa foron os principais asuntos tratados na sesión que a Mesa de Reactivación celebrou este mediodía. A reunión convocada pola concelleira de Promoción Económica, Emprego e Mercados, Alba Briones, contou coa participación dos voceiros de PP, BNG e Marea na Vila (o edil de Cidadáns desculpou a súa ausencia), aos que se lles abriu a posibilidade de presentar as propostas que considerasen oportunas dentro dos obxectivos marcados na convocatoria.
18.05.2022.- Como se sabe, o proxecto “Vilagarcía Viva” deseñado polo Concello de Vilagarcía obtivo 537.023 euros dos fondos europeos a través da liña dedicada ao “apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtos de comercialización”. O proxecto, que se integrou e ampliou o Plan de Promoción e Reactivación Económica do Concello de Vilagarcía, concreta o seu ámbito de actuación na Praza de Abastos, no pequeno comercio e nas zonas urbanas comerciais. E seguindo os criterios establecidos na convocatoria dos Next Generation, as accións a desenvolver oriéntanse á transformación dixital e do punto de venta dos negocios, a actuacións de sustentabilidade e economía circular, á formación para o sector comercial e a intervencións en materia de adecuación de espazos, eficiencia enerxética e xestión de residuos.

Briones Gamarra explicou aos voceiros que os fondos utilizaranse para revitalizar e modernizar o comercio de proximidade, un dos sectores que máis sufriu durante a crise sanitaria, fortalecendo o tecido comercial de xeito que sexa máis competitivo e eficiente de cara ás necesidades do consumidor actual, á vez que se axuste aos requisitos medio ambientais e enerxéticos que se marcan dende Europa.

Neste punto, e atendendo tanto ás prioridades como aos prazos para realizar os investimentos, a concelleira anunciou que a primeira medida que está previsto executar será a relativa á mellora da eficiencia enerxética dos mercados públicos. Neste apartado inclúese a instalación de placas solares para xerar electricidade nos edificios das prazas de abastos de Vilagarcía e Vilaxoán, así como na Praza da Peixería. Dentro desta mesma liña de eficiencia enerxética e redución dos niveles de emisións de CO2, a segunda medida será a adquisición de vehículos eléctricos para a posta en marcha do servizo de reparto da Praza de Abastos e a adquisición de caixas de recollida intelixente para a entrega e recollida da compra. Ademais, licitarase tamén a instalación de estacións de carga para vehículos eléctricos nos mercados de Vilagarcía e Vilaxoán, medida esta última que tamén se pretende estender a Carril.

Dinamización das zonas comerciais urbanas

Aínda que de xeito menos inminente, a concelleira tamén informou sobre as medidas previstas para a fortalecer as zonas comerciais urbanas e para dinamizar a cidade baixo criterios de sustentabilidade. No primeiro apartado prevense medidas dirixidas á dixitalización e uso das novas tecnoloxías para mellorar os procesos de compra mediante a implantación de zonas dixitalizadas de carga e descarga e a instalación de puntos de entrega intelixentes en zonas da cidade de fácil accesibilidade. Tamén se financiará a adquisición de ferramentas de auto diagnóstico de viabilidade do pequeno comercio, así como a realización de accións de sensibilización e formación dos comerciantes en materia de dixitalización.
No apartado de Cidade Resiliente, Humanizada e Sustentable inclúese a creación do Banco Municipal de Locais Comerciais, pequenas obras de accesibilidade e instalación de sinalética integral das zonas comerciais e o desenvolvemento de accións e eventos para a dinamización e revitalización destes espazos.

Máis reunións

Os voceiros quedaron en volver a reunirse no mes de xullo para facer seguimento ao “Vilagarcía Viva” e para abordar máis polo miúdo as accións a desenvolver na Praza de Abastos, tanto as incluídas neste programa como outras accións, en atención á petición realizada pola concelleira de Marea na Vila.

Tamén a semana que ven están previstas novas sesións das mesas de diálogo social e de empresas tractoras para expoñerlles tamén o “Vilagarcía Viva” e continuar poñendo en común ideas e necesidades na procura de medidas que contribúan a recuperar e impulsar a economía local tras la crise sanitaria e económica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -