_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O Carril terá a finais de xullo “un dos albergues máis fermosos de Galicia”

O albergue de peregrinos do Carril estará listo dentro dos prazos establecidos, é dicir, antes do 31 de xullo, e será “un dos máis fermosos de Galicia”, en palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que hoxe fixo unha visita ás obras acompañada do alcalde, Alberto Varela. Tanto unha como outro destacaron que malia a pandemia, a crise mundial de subministros e a alza de prezos, o concello foi quen de salvar todos os obstáculos. O albergue, cunhas vistas espectaculares sobre O Carril, Cortegada e a ría, contará con 30 prazas.
04.07.2022. Referíndose á crise actual, a presidenta da Deputación lembrou que nestes momentos hai “un serio problema” de aumento de prezos. Sinalou que por iso moitos concursos públicos quedan desertos, hai empresas que renuncian ás adxudicacións “e moitas veces hai que facer modificacións para facer fronte a eses aumentos”; un problema –incidiu- “que é global: isto pasa en Nova Iorque e en Vilagarcía, pero tamén en Vigo ou en Cerdedo-Cotobade, cun goberno do Partido Popular, onde a deputación está financiando a reforma da casa consistorial e tivemos que facer unha modificación porque multiplicaron o presuposto de 400.000 euros a case un millón”.

Neste sentido, o alcalde, Alberto Varela, pediu ao grupo popular de Vilagarcía que sexa “máis comedido, máis prudente”. Subliñou, neste sentido, o que pasou coa escola infantil de Vilaxoán. “Eu non sei que tiñan daquela contra Vilaxoán nin sei o que teñen agora contra O Carril”, pero o certo é, argumentou, que o Xacobeo non é de agora e cando tiveron o poder non fixeron nada, e agora que se fai o albergue que eles non fixeron, critican o retraso, cando, ademais, a obra está en prazo, malia a todas as dificultades, incluída unha pandemia, a renuncia da empresa adxudicataria ou os problemas derivados da suba dos prezos dos materiais.

En todo caso, tanto Silva como Varela se felicitaron porque a colaboración das dúas institucións fará posible que Vilagarcía se sume ás rutas xacobeas cun dos máis fermosos albergues, senón o máis. Situado nun alto, precisamente na rúa de Santiago, o edificio, de máis de 400 metros cadrados de superficie, conterá na planta baixa a recepción, a zona de bicis e lavandería, e nas dúas superiores, as habitacións, os aseos e unha terraza dende a que os peregrinos poderán ver en primeiro termo Carril e Cortegada e, mais alá, toda a ría de Arousa. “Despois de facelo, creo que imos ter un problema: cando vexan isto as peregrinas e peregrinos non van querer marchar”, razoou con ironía a presidenta da Deputación.

As obras están na súa fase final. Hoxe estábase botando formigón nos solos mentres outros operarios concluían as instalacións de fontanería e electricidade, outros remataban as divisións, en madeira, das estancias, e fóra se instalaba o peche en forma de rede metálica en aceiro cortén. O 31 de xullo deberán estar rematadas. A apertura aos peregrinos dependerá logo de que a Xunta cumpra coa súa parte, consistente en dotalo de mobiliario e electrodomésticos e integralo na rede galega de albergues do Camiño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -