_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello sortea 105 prazas para realizar o Remonte do Ulla o vindeiro 17 de xullo

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía promove a participación da cidadanía na Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, “A Orixe de todos os Camiños”, invitando a asistir a ela de xeito totalmente gratuíto a 105 veciños. A Concellería de Turismo contratou unha embarcación para facilitar a asistencia dos vilagarciáns a este evento anual que mestura tradición, cultura, relixiosidade e turismo. O popularmente coñecido como Remonte do Ulla celebrarase o domingo 17 de xullo pola tarde, de xeito que a expedición vilagarciá se sumará ás restantes embarcacións que esa mesma xornada toman parte na ruta organizada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
05.07.2022.- As persoas que desexen participar na Ruta Xacobea a bordo da embarcación fretada polo Concello de Vilagarcía terán que inscribirse mediante solicitude presentada no Rexistro do Concello, na sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ou a través do mail turismo.vga@vilagarcia.gal . Unha mesma persoa non poderá figurar en máis de unha solicitude. O prazo de presentación vai dende hoxe 5 de xullo ás 9 horas do día 13 e o formulario de inscrición, así como as bases que rexerán o sorteo, poden obterse no taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal , na sede electrónica do Concello e na propia oficina de Turismo do Cavadelo.

A cada solicitude asignarase un número de orde para o sorteo público que terá lugar o día 14 de xullo ás 10 horas no Concello. As persoas que obteñan praza serán avisadas por teléfono en horario de mañá. Se alguén que tivera confirmada a súa asistencia logo decidira non acudir deberá comunicalo na maior brevidade á oficina de Turismo, ou ben chamando aos teléfonos 986501227 ou 986 099 200 ext. 254, ao obxecto de que se poida adxudicar a súa praza á seguinte persoa da lista de agarda.

A embarcación do Concello zarpará ás 17.00 horas do peirao de pasaxeiros, polo que os participantes na ruta deberán embarcar quince minutos antes. Esixirase a presentación do DNI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -