_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As festas collen ritmo cos cantos de taberna de A Xaiba, o eclecticismo de Señora DJ e o ‘son’ de Elíades Ochoa

O circo e a música son os dous ingredientes principais da axenda festiva prevista para mañá, xoves 18 de agosto. As trúas da cidade converteranse nun gran circo cos catro espectáculos que o Festaclown desenvolverá ao longo da xornada e nos que non faltarán trapecios, clown, malabares, música, acrobacias e fogos con lume. Ademais, a oferta musical inclúe tres concertos destinados a satisfacer os gustos de públicos ben diferenciados: o do grupo de música tradicional e popular “A Xaiba” o de Señora DJ, cun estilo máis moderno e ecléctico, e o do mellor “son cubano” do guitarrista Elíades Ochoa.
17.08.2022.- AXENDA PARA O XOVES 18 DE AGOSTO

11:00 – Residencia Divina Pastora: Festaclown Social.
“Os contos da barriga verde”.
Espectáculo da compañía Fran Rei, dirixido aos usuarios da Residencia.

11:00 - Praza da II República: Festaclown Social.
“Lúa triangular”
Espectáculo de contacontos musical da artista Jara Ortiz, baseado no libro "Marta e a píntega", de Eli Ríos.
A nena Marta coñece á píntega Oli e xuntas viaxan ao Mundo dos Contos, onde vivirán un montón de aventuras e transformarán o mundo nun lugar mellor, cheo de diversidade e máis xusto, onde sexamos iguais e as princesas dos contos poidan ser felices, creando e visibilizando as súas propias historias.

12:30 - Praza Ravella: Festaclown Superroquiños.
“A Viaxe de Nikita”
En “Viaxe de Nikita”, a compañía Monikiña quere achegar a esencia do circo ás rúas, nun espectáculo para todas as idades, que mestura o clown, a acrobacia aérea, os números de lume, os malabares, a percusión, a danza africana e a participación directa do público.

Unha aventura para toda a familia, chea de emoción, humor e circo, da man dunha pallasa tola, tenra e divertida.

19:30 – Praza de Galicia: Certame-Festaclown.
“Nudo”
Volverán tomar os ceos para desatar os nós que as oprimen. E se regodearán nunha eterna bacanal para entrar nun estado de letargo e así transcender para volver ser elas.
E quen son elas? As tres “desatanudos” da compañía Rojo Telón. Tres mulleres que a través do humor, a interpretación e técnicas circenses (aéreas e de chan) transitarán mundos diferentes para facer que o público se desmelene e viva unha experiencia ‘celestial’.

20:30 - Rúas da cidade: Pasacalles.
Grupo de Gaitas Airiños do Carril.

21:00 - Praza da II República: Mostra-Festaclown
“Volando Vengo”
Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas de Kanbahiota. Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire coas súas acrobacias, non sen algunha caída inesperada... 40 minutos de espectaculares voos en clave de humor.

21:30 – Parque da Xunqueira : Concerto
A Xaiba
O nome “A Xaiba” provén dun castro localizado en Vilagarcía de Arousa no límite con Caldas de Reis . A Xaiba é unha orquestra composta por 6 músicos, fundamentada nas voces e con instrumentalización variada: corda, percusión e baixo, e dous acordeóns. Creada no 2019, aínda coa actividade paralizada por mor da pandemia. Ten como obxectivos promover e fomentar a actividade cultural relacionada coa musica e o canto naqueles sitios onde é doado desenvolvela, así como tamén unha grande actividade nos cantos de taberna. O seu repertorio inclúe dende música folk e tradicional galega, ata a canción romántica (boleros), cantigas asimiladas ao fado, rancheiras, habaneras, cumbias e algunha creación ou interpretación propia.
Todas as cancións están adaptadas e versionadas polos compoñentes do grupo, nunha etapa anterior polo mestre, Alfonso Galbán Rico, e nesta polo seu director musical, Gonzalo García Paz, guitarrista e baixista do grupo.

22:00 – Alameda: Concerto.
Señora DJ
Raquel R. Soto é a persoa que pon rostro e ritmo a Señora DJ. Este proxecto cobra vida no 2016 coa primeira edición do Festivala en Vilagarcía de Arousa. Un festival que nace para a promoción da figura da muller en todas as áreas e que deixaría pegada nas súas sesións, xa que a maior parte dos grupos que soan nos seus pases están compostos ou liderados por mulleres.
O seu estilo é bastante ecléctico, pero inclínase especialmente cara ao indie-disco-pop. Podendo soar nas súas sesións desde Vive a Féte, Rosalía, M.I.A., Ginebras… e que non falten nunca as Bistecs ou Ladilla Rusa.
Participou noutros festivais como o Atlantic Fest, Xironsa e Canteira Fest.

23:00 – Parque da Xunqueira: Concerto
Elíades Ochoa
Elíades Ochoa é un dos soneiros máis importantes de todos os tempos, un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeneración.
É unha das estrelas do histórico álbum “Buena Vista Social Club”, co que gañou o seu primeiro Grammy -do que agora se celebran 25 anos- e no que destaca a súa memorable interpretación de "Chan Chan" ou "el Cuarto de Tula". Pero Ochoa tamén ten colaborado con iconas da música internacional como Manu Dibango, Charlie Musselwhite, Ry Cooder ou Toumani Diabate, entre outros e foi reivindicado por músicos nacionais como Bunbury, ou máis recentemente C. Tangana.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -