_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A fin de semana festiva arranca o venres con cine na rúa, verbena e o concerto de MClan

As festas patronais de San Roque entran na súa etapa final cunha axenda repleta de actividades. A fin de semana festiva arranca mañá, venres 19 de agosto, cun programa no que o mundo do circo volverá a inundar as rúas da cidade cos catro espectáculos do Festaclown. O primeiro, “Sen Guerras”, protagonizado por usuarios de Con Eles e do taller de teatro Clámide baixo a dirección de Fran Rei e no marco do apartado social do festival. A xornada inclúe ademais a proxección da película “Live is life” en Ravella, e o fin de festa chegará da man de MClan, a mítica banda de pop-rock que actuará a partir das once da noite na Xunqueira.
18.08.2022.- AXENDA PARA O VENRES 19 DE AGOSTO

11:00 - Praza da II República: Festaclown – Social
“Sen Guerras”
Exercicio final do obradoiro de teatro, dinamizado por Fran Rei cos usuarios da Asociación Con Eles. Este ano, de novo coa axuda de Clámide Teatro, nesta ocasión o espectáculo terá un claro ton antibelicista representado en diferentes escenas en clave de humor que tratan sobre diferentes aspectos das guerras.


12:30 - Praza Ravella: Festaclown – Superroquiños
“Smile”
“Smile” é unha obra de teatro xestual e clown da compañía D Carmela. Conta a historia dunha actriz que viaxa a un campamento… de persoas refuxiadas. Ela ten que actuar para as crianzas que viven alí pero parece que todo está na súa contra. Será quen de conseguilo? En principio parece que non, pero de noite unha boneca pallasa daralle o poder para transformarse e saír a buscar sorrisos.

19:30 – Praza de Galicia: Certame-Festaclown
“Historias de un Baúl”
“Historias de un Baúl” é a historia de Fidel e Capulita. Dúas entrañables persoas viaxeiras, circenses, soñadoras e compañeiras que van pola vida cun antigo baúl ás costas. Sempre teñen todo listo para o gran momento de atopar un novo público ao que sorprender e divertir.
Pelotas de malabares, aros hula hoops, un baúl onde numerosas acrobacias e un número participativo constitúen as claves deste orixinal espectáculo. A través de simples situacións, as técnicas do circo e o teatro se fusionan nunha posta en escena dinámica e divertida para toda a familia creada pola compañía Trotamundos.

20:30 - Rúas da cidade: Pasacalles
Grupo de Gaitas Malveiras

21:00 - Praza da II República: Mostra-Festaclown
“Karpaty”
Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estalan guerras, epidemias, falta de amor... deixando ao circo na máis absoluta decadencia. Os supervivintes do circo emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver a mostrar a súa arte ao público. Serán capaces de lembrar como era o espectáculo? De como funcionaba o circo?
“Karpaty” é un espectáculo da compañía La Troupé Malabó.

22:30 – Xardíns de Ravella
Cine na Rúa
“Live is life. La Gran Aventura”

Película de aventuras do ano 2021 dirixida polo premiado cineasta Dani de la Torre e rodada en diferentes escenarios do rural de Lugo e Ourense.
Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volve ao pobo galego dos seus pais para reencontrarse coa súa cuadrilla. Mais este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan a aparecer na vidas dos adolescentes ameazando con separalos. Acolléndose a amizade que lles une, os cinco amigos planean fuxir a noite de San Xoán á procura dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, crece no alto nunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade.
Unha aventura que lles fará medrar a través dun fascinante camiño cheo de acción, emoción e esperanza, e que lles deixará na lembranza para sempre aquel verán no que de fondo soaba o famoso tema de Opus “Live is Life”.

22:30 – Avda. da Mariña: Verbena Popular
Orquestra New York
New York é unha orquestra con sede en Vilagarcía que conta cun repertorio actual que abarca estilos como a cumbia, o merengue ou a bachata, co obxectivo de chegar a todos os públicos. Está composta por 13 persoas (5 cantantes, 4 metais e 4 ritmo) e destaca pola súa posta en escena, o seu dinamismo, elegancia e a conexión que logra co público. Conta cun escenario móbil de 26 metros de longo por 10,5 de fondo e 10,5 de alto, e dotado de sistemas de son e iluminación de última xeración.

23:00 – Parque da Xunqueira: Concerto
M Clan
MClan é unha das bandas míticas dende os anos 90 e xa todo un clásico do rock español con cancións tan populares como "Carolina", "Quédate a dormir", "Miedo" ou "Llamando a la tierra", a excelente versión do tema da Steve Miller Band que o grupo murciano soubo facer propio.
Convertida nun referente para moitos, MClan está considerada como unha das mellores bandas de rock de España das últimas décadas. Cun estilo que, pola voz do seu cantante -lembra ao de Rod Stewart ou Joe Cocker- tense comparado co son de grupos como Black Crowes, Led Zeppelin ou Lynyrd Skynyrd, entre outros. Maila isto, MClan sempre tivo un estilo propio e moi rico que combina os ritmos do rock sureño presentes nos seus dous primeiros traballos, “Un Buen Momento” e “Coliseum”, cunha evolución que os levou ao longo dos anos a fusionar co blues, o soul, o rythm & blues e o hard rock máis setenteiro.
Ademais do recoñecemento do público e da crítica, a banda murciana conta co respecto e a admiración do propio sector, como o demostra a colaboración de grandes artistas nacionais e internacionais que interpretaron varios dos seus temas no concerto que MClan ofreceu con motivo do seu 20 aniversario. Miguel Ríos, Fito, Bunbury, Drogas ou Alejo Estivel foron só algúns deles.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -