_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Rede de Cidades que Camiñan premia o proxecto de transformación de Vilagarcía

As actuacións que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía nos últimos anos en materia de mobilidade e recuperación dos espazos públicos para o uso e goce dos peóns acaban de conseguir o recoñecemento da Rede de Cidades que Camiñan, a asociación sen ánimo de lucro que promove o hábito de camiñar e que as cidades estean convenientemente adaptadas para elo. A organización fixo público este mediodía a concesión do premio correspondente á categoría de “cidades medianas” á capital arousá polo proxecto “Vilagarcía, unha cidade en transformación”. O alcalde, Alberto Varela, acudirá a recoller o galardón que se entregará no marco do Noveno Congreso Ciudades que Caminan, “No hay ciudad, se hace al andar”, que se celebra esta fin de semana en Palma de Mallorca.
04.10.2022.- A Rede de Cidades que Camiñan é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, aberta a concellos e outras administracións públicas comprometidas coa camiñabilidade. O obxectivo principal da asociación é que os viandantes sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público, unha máxima que dende hai tempo xa defende e promove o Concello de Vilagarcía seguindo as directrices que tamén se marcan dende a Unión Europea. Precisamente por traballar neste sentido, Vilagarcía integrouse xa hai uns anos na Rede de Cidades que Camiñan, comprometéndose con elo a mellorar os espazos públicos como lugares para camiñar, estar e socializar, abordando proxectos para fomentar a camiñabilidade e, en relación con esta, a mobilidade sostible, a accesibilidade universal, a seguridade viaria, a calidade do medio ambiente urbano e a autonomía infantil.

Nesta liña van actuación levadas a cabo polo Concello de Vilagarcía como a humanización e peonalización de novas rúas tanto no casco urbano de Vilagarcía, como de Vilaxóan e Carril, a construción do Paseo de Canelas, as actuacións de ensanche de beirarrúas e mellora da accesibilidade, as actuacións de calmado de tráfico, ou o inicio da rede de Camiños Escolares Seguros.

A concesión deste premio supón unha grata noticia para Vilagarcía, xa que a cidade copará parte do protagonismo do congreso de nivel nacional, onde se exporá o vídeo no que se relata o proceso de transformación que se está a levar a cabo, co efecto de promoción que isto supón. A maiores, o galardón recoñece e avala o traballo que se está a realizar e infunde novos ánimos para continuar avanzando nesa liña.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -