_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde dedica á veciñanza de Vilagarcía o premio 'Ciudades que Caminan' obtido pola mellora da mobilidade peonil

O Concello de Vilagarcía recibiu onte en Palma de Mallorca o premio 'Ciudades que Caminan' en recoñecemento ás importantes melloras realizadas no municipio nos últimos anos en materia de mobilidade peonil. O alcalde, Alberto Varela, foi o encargado de recoller o galardón que avala as políticas urbanas e de mobilidade que está a desenvolver o Concello e que sitúa a Vilagarcía como modelo a seguir por outras cidades, tanto a nivel nacional como internacional. No acto, no que se proxectou un vídeo resumen sobre o proceso de transformación que está a vivir Vilagarcía, celebrouse ao remate do Noveno Congreso Ciudades que Caminan, "No hay ciudad, se hace al andar", que tivo lugar durante a fin de semana en Palma e no que participaron técnicos e responsables políticos de máis de 30 cidades de España e de Portugal.
08.10.2022.- Varela Paz agradeceu á Rede Ciudades que Caminan o recoñecemento concedido a Vilagarcía e a oportunidade de que os esforzos que se están a realizar para mellorar a calidade de vida dos cidadáns a través da rexeneración e recuperación de espazos públicos para o uso e goce dos peóns, sexan visibles máis aló do propio municipio e se estendan ao ámbito de actuación desta asociación internacional que noutras ocasións ten distinguido os modelos de cidades como París ou Bilbao. O alcalde concluíu dedicando o galardón a todos os veciños e veciñas de Vilagarcía "porque o premio é deles e para eles".

A Rede de Cidades que Camiñan é unha asociación internacional sen ánimo de lucro aberta a concellos e outras administracións públicas comprometidas coa camiñabilidade. O obxectivo principal da asociación é que os viandantes sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público, unha máxima que dende hai tempo xa defende e promove o Concello de Vilagarcía seguindo as directrices que tamén se marcan dende a Unión Europea.

Neste marco, o premio concedido a Vilagarcía na categoría de cidades medianas (de entre 20.000 e 100.000 habitantes) responde ao proxecto denominado "Vilagarcía, unha cidade en transformación”, que se presentou na gala de entrega dos galardóns mediante a proxección dun vídeo resumen das accións levadas a cabo na cidade nos últimos anos, especialmente dende 2019, que era o prazo que estipulaban as bases do certame.

En 2024 teranse gañado 23.000 metros cadrados gañados para o peón
Con intervencións da concelleira de Mobilidade, Paola María, e as valoracións de voceiros de asociacións da cidade (Zona Aberta e Arousa en Bici) e doutros colectivos que interveñen e avalían este tipo de procesos de mobilidade sostible e de recuperación de espazos urbanos (Green Peace e Stop Accidentes), o vídeo relata o proceso de transformación que está a vivir Vilagarcía. Estas declaracións refórzanse con datos tan relevantes como que, coas actuacións realizadas polo Concello dende 2019, o municipio ten gañado 12.366 metros cadrados de espazo público para os peóns -cifra que ao remate de 2024 e grazas aos proxectos en proceso de execución superarán os 23.000 metros cadrados-, e leváronse a cabo 6 intervención de mellora de accesibilidade.

Entre as obras executadas destácanse a rexeneración do parque e contorna de Matosinhos, a humanización da Praza da Independencia, o Paseo de Canelas e as humanizacións das rúas Vázquez Leis (Vilaxoán), Cervantes (Carril) e Camilo José Cela (O Piñeiriño). Tamén actuacións como a elaboración do Metrominuto, a Rede de Camiños Escolares Seguros, o establecemento da Zona 30 no casco urbano ou a creación de percorridos peonís interurbanos como a Senda Verde.

1.500 prazas de aparcamento disuasorio e os 2 primeiros quilómetos de ciclovías

Dado que un dos obxectivos sinalados é reducir a presenza nas cidades dos vehículos a motor co obxectivo de poder reducir as emisións de CO2 un 50% para evitar as peores consecuencias cambios climático, xunto coas peonalizacións e humanizacións de rúas tamén se destacan intervencións como a creación de 1.500 novas prazas de aparcamentos disuasorios, a construción dos 2 primeiros quilómetros de ciclovías e a ampliación do servizo de aluguer de bicicletas, que antes de rematar o ano contará con 16 estacións, 4 bicicletas haddbike para garantir a inclusión e a absoluta accesibilidade de persoas con diversidade funcional e que, a partir de 2023 incorporará bicicletas eléctricas. Ademais, no que á cobertura vexetal se refire, dende 2019 en Vilagarcía a plantáronse máis de 1.000 árbores e xa está proxectada unha nova zona verde na zona do Ramal.

Todos estes aspectos foron puntuados polo xurado do premio 'Ciudades que Caminan', integrado pola urbanista Paula Teles, o arquitecto Mateus Porto e a planificadora urbana Paula García, valorando especialmente a adecuación das actuacións realizadas ao principios da Rede Ciudades que Caminan, que promove o hábito de camiñar e que as cidades estean convenientemente adaptadas para elo baixo criterios de comodidade, accesibilidade e seguridade para os peóns.

Estratexia global

O xurado tamén puntuou as perspectivas dos programa globais en materia de mobilidade sostible e desenvolvemento urbanístico dos municipios candidatos. E neste punto Vilagarcía fixo referencia á estratexia conxunta integrada polas actuacións e obxectivos establecidos no programa EDUSI "Vilagarcía Avanza", no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), no estudo da Rede de Ciclovías e nos proxectos do Next Generation.

Xunto con Vilagarcía tamén recibiron os premios 'Cidades que Caminan' outros dous municipios galegos, A Coruña na modalidade de cidades de máis de 100.000 habitantes e Tomiño na de menos de 20.000. O municipio andaluz de Estepona (Málaga) recibiu o premio de honra "Ciudad Amiga" que se entrega a calquera municipio aínda que no forme parte da rede, neste caso por ter eliminado o tráfico motorizado no segmento central do litoral. E por último, tamén se recoñeceu a labor de Miquel Femenia, xefe do departamento da Área de Movilidad del Ayuntamiento de Palma durante 39 anos, xubilado en 2020 e que, xunto ao seu equipo, liderou a transición da mobilidade de Palma con peonalizacións e rúas e a aparición de novas fórmulas que levaron "un cambio de mentalidade na cidadanía e que foron todo un éxito", en palabras do alcalde da capital maiorquina.

Visualización do vídeo "Vilagarcía, unha cidade en transformación” en:
https://drive.google.com/file/d/138tcwXDT-fQCnnv9NzQkCG_ByxAJTbjA/view?usp=sharing
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -