_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía reducirá este ano un 35% do tempo de prendido da iluminación de Nadal

As medidas de aforro enerxético recomendadas polo Goberno do Estado e dende a Unión Europea para facer fronte aos elevados prezos do gas e da electricidade que se rexistran en Europa dende hai meses terán a súa primeira aplicación en Vilagarcía este Nadal. O executivo local decidiu reducir os días e o horario de acendido da iluminación decorativa respecto ao ano pasado, de xeito que se consiga acurtar o custe do gasto eléctrico á vez que manter a ambientación festiva que anima á cidadanía e contribúe e dinamizar a actividade comercial e hostaleira nesta época tan especial do ano.
13.10.2022.- En relación ao anterior Nadal, a iluminación funcionará catro días menos. Inaugurarase o 2 de decembro e apagarase o 8 de xaneiro. En total serán 38 días, fronte aos 42 do ano anterior. Así mesmo, tamén se recorta o horario en dúas horas por xornada, polo que as luces estarán acendidas de 7 da tarde a 12 da noite, cando o ano pasado se prendían unha hora antes e se apagaban unha despois. A aplicación destas medidas supón reducir un 35% o tempo de funcionamento do alumeado decorativo, o que xerará un importante aforro na factura final da luz a abonar por este concepto ao remate das festas.
Por descontado, e como xa acontece dende hai anos, todas as guirnaldas e elementos decorativos lumínicos serán de tecnoloxía led, moito máis eficientes e de menor consumo.

O calendario da iluminación e Nadal e o horario do mesmo concrétase xa nos pregos que se publicarán nas vindeiras horas na plataforma pública de contratación para licitar o servizo que inclúe tamén o alumeado decorativo para as festas de Santa Rita e San Roque do ano 2023. O contrato licítase por 95.000 euros (IVE incluído), o mesmo importe que nos últimos anos.

En canto á ambientación de Nadal, tamén como xa ven sendo habitual nos últimos anos, esta completarase con decoración de rúas (os denominados xardíns efémeros) que se salpican entre as zoas peonís, parques, xardíns e glorietas da cidade. Este tipo de decoración, que destaca tanto de día como pola noite, tamén incluirá lámpadas de alimentación solar como as que o ano pasado daban luz á árbore de Nadal instalada na Praza da II República e a algúns elementos dos xardíns efémeros. A utilización destes elementos ten como obxectivo aforrar custes enerxéticos e seguir apostando por sistemas alternativos e respectuosos co medio ambiente, xa que as lámpadas non consumen electricidade. Ao alimentarse coa luz solar que acumulan durante as horas do día, aluman perfectamente sen necesidade de estar conectadas a ningunha instalación eléctrica pila ou batería.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -