_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello advirte ás comunidades de veciños da necesidade de manter as fachadas en bo estado

O Concello está disposto a poñer couto á proliferación de valados nas rúas para protexer o paso baixo edificios que presentan danos e que as comunidades tardan meses en arranxar. O goberno local lembra, neste sentido, que dende 2008 está vixente unha Ordenanza municipal reguladora das medidas de conservación, de rehabilitación e seguridade de terreos, soares, construcións, edificios e instalacións, que marca a obriga dos propietarios de manter en perfectas condicións as súas fachadas. As sancións por non facelo poden ser elevadas, de 300 a 6.000 euros, e reiterables se non se dá cumprimento á orde de execución do concello. Nestes momentos, a administración local ten abertos 10 expedientes, que supoñen, a día de hoxe, 116.000 euros só por taxas de ocupación da vía pública, o que se suman varias multas.
29.10.2022. Atallar o problema dos danos en edificios (normalmente por desprendementos, pero tamén por ameaza de ruína) non é doado, porque se trata de propiedades privadas. Cando son edificios con propiedade horizontal, para o arranxo non só entran en xogo as comunidades de veciños, senón tamén os seguros. Mentres eses trámites non se resolven, e para garantir a seguridade peonil e de tráfico, o concello opta por poñer valados, o cal implica o cobro de taxas de ocupación de vía pública á comunidade de propietarios ou propietario único. Pero unha cousa é ser comprensible cos prazos (acordo entre propietarios e seguro, contratación dun técnico, execución de obras) e outra que esa situación se eternice. Por iso, o Concello iniciou hai semanas unha inspección de todos os casos abertos e advirte que, sendo comprensible unha certa tardanza no cumprimento deses trámites, pola súa complexidade, será estrito no cumprimento da ordenanza.

Esta mesma semana, dous dos valados que estiveron presentes na rúa durante moito tempo en Rey Daviña xa foron levantados. Nos dous casos, despois de que se realizaran as obras de mantemento esixidas, de que o técnico da propiedade presentara o correspondente informe e de que os técnicos do concello comprobaran a non existencia de perigo.

A Ordenanza de fachadas, di, no seu artigo 3, que “as persoas físicas ou xurídicas que ostenten a propiedade dos terreos, construcións, edificios e instalacións teñen o deber de mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, habitabilidade e ornato público, realizando os traballos e obras precisas para conservalos ou rehabilitalos, a fin de manter as condicións requiridas para o seu uso e destino”.

Para facer cumprir esa obriga, o mesmo documento, no seu artigo 18, advirte que “transcorridos os prazos fixados na orde de execución sen que os afectados realizaran as obras” o concello poderá impoñer “multas coercitivas por contía de 300 a 6000 €, segundo o establecido no artigo 199.4º da Lei 9/2002, de 30 de Decembro e no artigo 28.2º do Regulamento de Disciplina Urbanística”. Esas sancións, engádese, poden ser reiterables ata lograr a execución desas obras.

O Concello confía, por tanto, en que as comunidades de propietarios colaboren co mantemento dos seus edificios e sexan conscientes de que a necesaria protección da rúa mentres non se executan esas obras causa outros problemas, de ornato, en primeiro lugar, pero tamén outros novos de seguridade, como a necesidade de que os transeúntes teñan que baixar da beirarrúa co perigo que iso supón no tráfico viario.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -