_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O alcalde celebra como unha boa noticia para cidadáns e empresarios a posibilidade de unir a circunvalación Sur coa autoestrada AP9

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, celebra que por fin o Ministerio de Transportes decidira actuar sobre a variante de Caldas de Reis, o que implica, tamén, a mellora dos accesos ao porto de Vilagarcía, de interese xeral do Estado. Isto significará que a cidade contará cun acceso directo á autoestrada AP9 e unha mellora notable na entrada e saída de Vilagarcía polo Sur e Este. O rexedor considera que a licitación, esta mesma semana, do estudio informativo deste novo vial, por valor de 773.000 euros, é sen dúbida una boa noticia tanto para os cidadáns coma para os empresarios, pois non só se mellorará o tráfico e a mobilidade, senón que incrementará a competitividade do porto, motor económico de primeiro orde no municipio.
29.10.2022. Segundo as previsións do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, as obras terán un presuposto de arredor de 54 millóns de euros, o que dá unha idea da envergadura do investimento. Os equipos técnicos que participen no concurso para a adxudicación do estudo deberán presentar as súas propostas antes do 25 de novembro. As diversas plicas serán abertas o 28 de novembro (administrativa), 2 de decembro (técnica) e 12 de xaneiro de 2023 (económica). O adxudicatario terá dous anos como máximo para entregar o traballo. Unha vez que se coñezan as distintas propostas, os concellos de Vilagarcía e de Caldas estudarán conxuntamente cal é a mellor solución, posto que o proxecto entende como un todo tanto a variante de Caldas como a continuidade do novo vial ata o acceso ao porto de Vilagarcía.

Segundo informou o ministerio, a posta en servizo da Variante Este da N-550 en Caldas de Reis, en 2009, e a estrada de novo acceso ao porto de interese xeral de Vilagarcía de Arousa, un ano despois (2010), configuraron un escenario que evitaba o paso de tráfico de longo percorrido a través de Caldas nos itinerarios entre o Leste e o Sur e Norte, e o acceso ao citado porto sen pasar pola travesía de Vilagarcía (actual N-640A). Con todo, admite o Goberno central, “a variante Este non evita que os tráficos en dirección Este-Oeste da N-640 atravesen o centro urbano de Caldas de Reis en travesía”.

Por iso, agora considérase que é necesario abordar un estudo informativo que contemple alternativas de trazado a un variante oeste de Caldas que permita evitar o paso pola travesía, que inclúe dous xiros de 90 graos en rúas principais da vila, dos tráficos da N-640. O alcance da variante –explica o Ministerio- chegará desde a N-550, polo Leste, ata a contorna da ligazón da AP-9, na contorna do quilómetro 230 da N-640, polo Oeste. Pero, ademais, o estudo informativo agora en licitación inclúe a concepción dunha nova vía con control de accesos entre o final da nova variante Oeste e o km 233 da N-640, que dá inicio á travesía de Vilagarcía (N-640A) e o novo acceso ao porto de Vilagarcía (N-640). O estudo contemplará, por fin, unha mellora global das comunicacións da zona.

Malia que se precisará tempo para o desenvolvemento do estudo informativo, primeiro, e das obras en sentido estrito, despois, o alcalde vilagarcián valora moi positivamente esta aposta do Goberno central pola cidade e a súa contorna, que verán sensiblemente melloradas as súas comunicacións co resto de Galicia e de España.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -