_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O Mercado de Nadal concentrase este ano na praza da II República e os comerciantes terán máis flexibilidade co horario

O Concello acaba de abrir a convocatoria para a participación no mercado de Nadal, que este ano se celebrará entre os días 2 de novembro e 1 de xaneiro de 2023, con algunhas e substanciais novidades. A primeira delas, o cambio de emprazamento: fronte o que se fixo nos últimos anos, con dous sedes –prazas de España e da Independencia-, desta volta as 16 casetas de madeira se instalarán todas xuntas na praza da II República, xunto ao auditorio e o parque Miguel Hernández. Igualmente, para animar á participación e atendendo ás suxestións dos propios comerciantes presentes en anteriores edicións, o horario será máis flexible. E, igualmente, para garantir un certo compromiso de participación cando xa se confirmou a concesión da caseta, os adxudicatarios deberán aboar unha cota mínima e simbólica de 6,25 euros por día de instalación.
02.11.2022. Cada caseta estará dotada de iluminación independente e de subministro de electricidade, cuxo gasto asumirá o Concello, así como dos elementos mínimos precisos para a exhibición dos produtos. Todo iso, sen prexuízo de que cada vendedor utilice os expositores máis axeitados ás características da súa actividade, que serán supervisados pola organización e que correrán ao exclusivo cargo do vendedor.

Na distribución e organización das casetas, o concello reservarase un mínimo de postos para actividade de hostalería, que deberá ofertar, entre outros, bebidas quentes (chocolate, infusións e cafés…) con inspiración de Nadal e/ou doces tradicionais para consumo in situ. Igualmente, farase unha reserva dalgún posto de venda para ONGs, fundacións ou outras entidades radicadas no Concello de Vilagarcía, dedicadas a fins sociais e sen fin de lucro.

ESTANCIA MÍNIMA DUNHA SEMANA
Con carácter xeral o tempo mínimo de participación no Mercado será dunha semana salvo autorización expresa do Concello, atendendo a circunstancias excepcionais (natureza dos produtos, procedencia dos vendedores…). As mercancías autorizadas para a venda teñen que ter relación, obviamente, co Nadal: artigos relacionados co Belén tradicional, figuras e os seus complementos; decoración (luces, grilandas, adornos..); flores de Pascua, árbores de Nadal; artesanía; artigos lúdicos infantís de nadal; e doces e outros produtos propios do Nadal. En todo caso, a comisión de valoración municipal terá facultades para rexeitar a venda de calquera artigo que considere competencia desleal respecto do comercio local.

Con carácter xeral, o horario de apertura do mercado será o seguinte:

-Do día 2 ao 22 de decembro: de luns a xoves, de 17:00 a 21:00 h. E de venres a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

-A partir do día 23 (este inclusive) e ata a finalización do mercado: de luns a xoves, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. E de venres a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

Os días 24 e 31 de decembro, pola tarde, a apertura será voluntaria. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, o mercado permanecerá pechado, salvo acordo da maioría dos vendedores.

Os interesados poden presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ata as 09:00 horas do 14 de novembro. Só poderá presentarse unha solicitude por cada interesado o que dará opción a un único posto de venda, sen que sexa posible usar a persoas físicas ou xurídicas interpostas para optar a máis dun posto.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -