_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
Promoción Económica convoca o V Concurso de Decoración de Nadal entre comerciantes, praceiros e hostaleiros

O Concellería de Promoción Económica, que dirixe Alba Briones, vén de convocar a quinta edición do concurso de decoración de Nadal dirixido aos comerciantes, os hostaleiros e os profesionais da Praza de Abastos. O prazo de inscrición xa está aberto a través da sede electrónica do concello e permanecerá aberto ata o 2 de decembro. O Concello estableceu tres premios: un primeiro de 595 euros, dous segundos de 395 e outros dos terceiros de 200.
21.11.2022. Como en anos anteriores, a convocatoria ten por obxecto promover e incentivar a creatividade comercial á hora de presentar os establecementos, facéndoos máis atractivos aos consumidores/as, e polo tanto reforzando a súa imaxe e dinamizando a actividade comercial e hostaleira do municipio.

A temática decorativa estará vinculada, obviamente, ás datas de Nadal, o que contribuirá a crear un ambiente festivo propio destas festas, ao que o concello suma a iluminación de rúas e prazas e os numerosos obxectos decorativos que instalará pola súa conta ao marxe do contrato con Iluminaciones Santiaguesas.

No concurso poderán participar todos os establecementos comerciais do Concello de Vilagarcía de Arousa (retallista, restauración, hostalaría, vendedores da praza de abastos, etc.) que o soliciten formalmente a través sede electrónica. Xunto coa inscrición, deberán presentar tamén un certificado de conta bancaria. No caso de asociados do Centro Comercial Aberto Zona Aberta, AHITUVI ou Asociación de praceiros, a entidade á que pertenzan poderá realizar as inscrición en representación dos asociados que así o soliciten.

A decoración deberá manterse como mínimo dende o día 2 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2023. A elección dos gañadores será realizada polos propios establecementos participantes no concurso. Cada establecemento emitirá un único voto en papel selado e fará entrega do mesmo (en sobre pechado no que se identifique o establecemento), aos representantes da asociación de comerciantes e hostaleiros para o seu traslado ao Concello a efectos do seu reconto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -