_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Protectora de Animais publica un calendario solidario coa participación dos músicos de Vilagarcía

A Asociación Protectora de Animais acaba de publicar un calendario solidario no que diferentes músicos de Vilagarcía, dos máis diversos estilos, colaboran posando coas súas mascotas e lanzan unha mensaxe de apoio á Protectora, cuxos recursos nunca son suficientes. O calendario, como unha axenda editada ao tempo, ten un prezo de sete euros.
23.11.2022. Os calendarios poderán ser adquiridos nas clínicas veterinarias da cidade, na propia Protectora e no mercadiño que esta pronto vai organizar con motivo do Nadal. Ademais, os propios músicos participarán na venda. Entre eles, Juan Carlos Cambas, Rosina Sobrido, profesores da Escola de Música, membros da Orquestra de Pulso e Púa e de Siete Setenta, Pablo Somoza, Carlos Rei, Joel Padín ou Dani Barreiro.

Ángeles Cifuentes, presidenta da asociación, lamentou non poder incluír a máis artistas locais no calendario, pero subliñou que o ano so ten doce meses, aínda que tamén lembrou que a atención que precisan os animais que coidan en Pinar do Rei precisan de atención todos os días. Neste sentido, Cifuentes puxo tamén o aceno no feito de que o calendario leva unha páxina in memorian do cans e gatos que, despois de estar toda a súa vida na Protectora, xa deixaron de existir. Un xeito de chamar a atención de colaborar mediante a adopción, pero unha adopción responsable. Neste sentido, a presidenta da Protectora indicou que antes de proceder a unha adopción ábrese un proceso de preguntas e repreguntas a quen o solicita para tratar de axustar ao máximo o perfil de quen desexa adoptar co animal que finalmente leva para a súa casa, evitando así que se produzan indesexables devolucións.

O calendario, que estará dispoñible ata febreiro, foi presentado coincidindo co 28 aniversario da Asociación Protectora, un 24 de novembro de 1994. Ao respecto, Ángeles Cifuentes agradeceu ao apoio que a entidade recibiu do Concello dende ese mesmo momento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -