_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Fexturrón volve a encher o pavillón de Fexdega de alegría, xeo e espírito do Nadal en Vilagarcía

Arrancará o sábado 26 de novembro e permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro. Unha pista e un tobogán de xeo, outra de coches eléctricos, carruseis e así ata vinte atraccións encherán de alegría e espírito de Nadal o pavillón de Fexdega. Co patrocinio do Concello e a organización técnica de C&C Ocio, Fexturrón incluirá tamén obradoiros, contacontos e outras actividades paralelas. Malia a inflación, os prezos son os mesmos que os do ano pasado.
24.11.2022. Tanto a concelleira de Xuventude e Promoción Económica, Alba Briones, coma a de Cultura, Sonia Outón, destacaron o alto valor engadido que o Fexturrón ten para a cidade, pois non só contribúe a incrementar o ambiente festivo do Nadal –xunto co alumado, o mercadiño na praza da República e a decoración de rúas e prazas- senón tamén a facer da cidade un polo de atracción nestas datas: veciños de Santiago e Pontevedra, ademais de todo O Salnés, adoitan achegarse ao Fexturrón para pasar unhas horas divertidas nun ambiente moi familiar.

Miro Fernández, de C&C Ocio, destacou neste sentido, como antes o fixeran Briones e Outón, o importante esforzo que ano tras ano se vén facendo na decoración do recinto feiral, máis alá da propia das atraccións. Pero para esforzo, o de manter os prezos, que xa de por si son moi económicos, ao contar co respaldo do concello: a pista de xeo custa 7 euros por 50 minutos, pero tamén hai bonos de 10 entradas por so 54 euros e, sobre todo, unha entrada de “tarifa plana” de 10 euros para o disfrute da pista de xeo por tempo ilimitado nunha mesma xornada. As entradas do tobogán de xeo teñen un prezo de 5 euros o bloque de 5, é dicir, un euro por baixada.

En canto ás atraccións, os prezos tamén se manteñen: as entradas se vende en packs de 6 a un prezo de tan só 5 euros. As demais actividades –talleres, contacontos, etcétera- son gratuítas, ao igual que o mero acceso ao recinto feiral.

Os horarios son tamén os habituais nos últimos anos. A zona de xeo (pista e tobogán), funcionarán de luns a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00, excepto o 24 e 31 de decembro, que será de 11:00 a 19:30, e o 25 de decembro e 1 de xaneiro, que o fará de 17:00 a 22:00 horas.

Pola súa banda, o parque de atraccións estará aberto de luns a domingo de 16:30 a 21:00 horas, excepto o 24 e 31 de decembro (de 16:30 a 19:30) e o 25 de decembro e o 1 de xaneiro (de 17:00 a 21:00)
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -