_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello contrata asesoramento para investigar a filtración de gasóleo no subsolo de Doutor Tourón e Rodrigo de Mendoza

A empresa especializada Hera Holding Hábitat Ecología y Restauración Ambiental será a encargada de realizar os traballos de estudo e recollida de datos necesarios para a posterior investigación da orixe da filtración de hidrocarburos detectada no subsolo da zona comprendida entre as rúa Doutor Tourón e a avenida Rodrigo de Mendoza. A Xunta Local de Goberno adxudicou estes traballos por importe de 1.815 euros en cumprimento ao compromiso adquirido cos veciños afectados e ao acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal.
28.11.2022.- O problema da filtración de gasóleo detectouse nun pozo freático situado no soto dun edificio de Rodrigo de Mendoza esta primavera. Tras meses de infrutuosas xestións e actuacións -nas que tamén interveu a administración local- para tratar de pescudar a procedencia da vertedura, a comunidade de propietarios afectada solicitou a axuda ao Concello que, aínda tratándose dun problema de índole privado, se comprometeu a colaborar asesorando sobre as posibles medidas a seguir para dar coa orixe do problema. O asunto tamén se abordou no Pleno, reafirmando este compromiso de colaboración.

Neste marco, a pasada semana a Xunta de Goberno adxudicou os traballos de “visita, toma de datos e proposta de investigación de solos” e a concelleira de Urbanismo, Paola María, reuniuse xoves cos veciños afectados para informalos da medida adoptada polo Concello en concepto do asesoramento comprometido. O resultado deste estudo determinará o nivel de concentración de hidrocarburo existente no subsolo da zona, así como as seguintes actuacións que se deberán adoptar para determinar a orixe da vertedura e poñer fin ás filtracións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -