_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Festa das Uvas regresa tras dous anos de espera para recibir o 2023 en comunidade e con música en directo

Despois de dous anos de espera debido ás restricións da pandemia, os vilagarciáns poderán volver a reunirse o 31 de decembro a mediodía ante o Concello para celebrar a chegada do novo ano. A esperada Festa da Toma das Uvas regresa a Vilagarcía cos moitas gañas de ilusión por poder recuperar un dos eventos máis multitudinarios, especiais e esperados da cidade. Espectáculo de acrobacias, animación e música en directo serán os elementos da celebración que comezará sobre as 11 da mañá e na que non faltarán as uvas ou gominolas e a copa de cava ou refresco para acompañar as doce badaladas que dará o reloxo de Ravella ás 12 do mediodía e que servirá de ensaio xeral á celebración máis íntima que terá lugar pola noite en cada fogar.
22.12.2022.- 350 quilos de uvas, unhas 300 botellas de cava, centos de racións de gominolas e de bebidas sen alcohol para os máis cativos son os ingredientes tradicionais da Festa da Toma das Uvas de Vilagarcía, que este ano volve a contar co aderezo da animación musical, unha performance con acrobacias da compañía Pablo Méndez e co fin de festa dun miniconcerto en directo do grupo Galifunk Brass.

O Concello de Vilagarcía xa celebra A Festa da Toma das Uvas dende o ano 1998 cando, se decidiu institucionalizarse unha ide que partira un ano antes de forma espontánea e como unha iniciativa dun grupo de voluntarios colaboradores da Concellería de Xuventude e Voluntariado que se reuniron un mediodía do día 31 de decembro na Praza de Galicia para celebrar entre amigos a chegada do novo ano, xa que a noite queda reservada para as celebracións no ámbito familiar.

A edición deste ano será a vixésimo segunda, coincidindo co ano que se despedide, o 2022, como advertiu o alcalde, Alberto Varela, durante a presentación da festa. “O que conseguiron estes dous anos de parón pola pandemia foi facer coincidir o ano que despedimos co número de edicións celebradas. O rexedor animou aos vilagarciáns e ás persoas dos municipios veciños a achegarse a Vilagarcía o sábado 31 pola mañá para compartir de forma multitudinaria a experiencia da toma das uvas nesta entrañable e orixinal festa, “unha das primeiras coas que se adianta a chegada do novo ano en toda Galicia”.

Tras todos estes anos, e téndose convertido xa nun evento fixo na axenda e moi esperado cada ano, Varela destacou o carácter dinamizador desta festa, tanto no eido lúdico e festivo, como no que á economía se refire, xa que atrae á vila a moita xente que aproveita para facer compras no comercio local e para tomar algo nos establecementos hostaleiros da cidade.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Alba Briones, destacou a implicación de empresas e colectivos económicos e sociais na Festa das Uvas, con colaboracións e patrocinios como os que realizan Supermercados Froiz, o Centro Comercial Arousa, Zona Aberta, La Metro Vilagarcía, a asociación Arousa Moza, Ahituvi, Baygar, Pirotecnia Penide e Servizos Integrais de Formación –SIF. “Agradecemos moito esta implicación porque entra na filosofía que tratamos de promover dende o Concello de facer Vilagarcía entre todos, participando todos e contando con todos, como acontece con programas como os bonos Son da Casa e outro tipo de iniciativas”, apuntou Briones Gamarra.

Neste punto tamén coincidiu o director do centro Comercial Arousa, unha das entidades patrocinadoras, que participou na presentación da festa. Luis González agradeceu tamén ao Concello a oportunidade de participar nun evento tan emblemático e importante para a cidade como é a Festa da Toma das Uvas, así como a posibilidade de que o centro Comercial corresponda a outras iniciativas municipais como levar ao Centro Comercial o Delorian da exposición do CURTAS ou abrir a participación dos bonos Son da Casa aos seus establecementos.




4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -