_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A parcela da Comandancia xa é propiedade municipal

A parcela da avenida da Mariña na que se empraza a antiga Comandancia de Mariña é dende hoxe de propiedade municipal. O Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria culminaron esta mañá coa firma da compra venta dos terreos o proceso iniciado hai ano e medio para desbloquear a construción dun novo centro de saúde en Vilagarcía.
30.12.2022.- O Concello destinou á adquisición dos terreos portuarios 1.157.496,75 euros obtidos do remanente do orzamento de 2021, polo que en xaneiro poderá comezar a demoler a edificación co obxecto de poñer o solar a disposición da Xunta de Galicia, a outra administración que entra neste acordo a tres bandas. A partir de aí, corresponderalle ao Sergas cumprir o compromiso asinado hai meses de construír e dotar a nova infraestrutura sanitaria que Vilagarcía vén demandando de hai décadas.

Tras a firma ante notario da compra, o alcalde, Alberto Varela, e o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, coincidiron en sinalar que hoxe era un “día histórico” para Vilagarcía, que cada vez ve máis preto a construción do ansiado e necesario centro de saúde no que os vilagarciáns poidan recibir e os facultativos prestar a atencións primaria en condicións óptimas e con equipamentos suficientes e modernos.

Varela lembrou que unha das súas primeiras visitas do anterior mandato foi a realizada ao ambulatorio de San Roque, a invitación dos médicos e sanitarios do propio centro, para comprobar a situación na que tiñan que recibir aos pacientes. “Si a construción dun novo centro de saúde xa era antes unha prioridade para o grupo socialista, dende ese momento o foi moito máis e puxémonos mans á obra de inmediato para buscar solucións”. Nese contexto xurdiron as negociacións coa Autoridade Portuaria para conseguir os terreos da antiga Comandancia.

O alcalde agradeceu a disposición que sempre mostrou Tourís para chegar ao acordo que se materializou hoxe e lamentou que o principal grupo da oposición non demostrase ese mesmo talante e sempre votara en contra ou obstaculizase todos os trámites que tivo que realizar o Concello para dispor dos terreos nos que emprazar o novo centro de saúde na avenida da Mariña.

O presidente da rada tamén se congratulou de ter chegado ao día de hoxe, incluso máis rápido do que se tiña previsto, e ratificou o compromiso da Autoridade Portuaria de continuar colaborando co Concello en todos aqueles proxectos que supoñan un beneficio para Vilagarcía e a súa contorna. Tamén aproveitou para asegurar que ese mesmo compromiso con Vilagarcía o mantén a Xunta de Galicia que xa está redactando o proxecto no novo centro de saúde.

Neste punto, Varela apuntou que confiaba en que o Sergas amosase ao Concello o proxecto cando este estivera bastante avanzado, a efectos de que os técnicos municipais o avalíen e, de ser o caso, fagan as súas achegas para garantir que a nova infraestrutura dea o mellor servizo posible aos vilagarciáns.

O alcalde explicou que o solar, que xa é propiedade “de todos os vilagarciáns”, ten unha superficie de 4.500 metros cadrados, segundo consta nos rexistros catastrais. Ao dispor xa da súa titularidade, o Concello poderá iniciar a demolición da antiga Comandancia no mesmo mes de xaneiro, posto que os traballos xa foron adxudicados á empresa Excavaciones J. Carreira S.L. por importe de 149.2315 euros, financiados tamén pola administración local. A empresa ten dous meses de prazo para acometer a obra e deixar limpa a parcela, momento no que o Concello poderá poñela a disposición do Sergas para que cumpra a súa parte do acordo: a construción do centro de saúde. Primeiro deberá rematar a redacción do proxecto e logo sacar a licitación a obra. Dado que este proceso conleva xa de por si o cumprimento duns amplos prazos legais de obrigado cumprimento e de que, posteriormente, a construción e dotación de equipamentos tamén, Varela Paz, pide á Xunta de Galicia que axilice ao máximo os trámites para que os vilagarciáns non teñan que esperar moitos anos máis para poder contar co centro de saúde que merecen e que se necesita.

Negociación e acordos beneficiosos para Concello e Porto

Tanto Varela como Tourís volveron a destacar o clima de colaboración e entendemento que existe entre ámbalas dúas administracións, lembrando que ademais do relativo á Comandancia, tamén chegaron a outros importantes acordos en beneficio de Vilagarcía, como o que permitirá volver a abrir ao mar a zona do Ramal e que os cidadáns poidan gozar deste privilexiado espazo como zona de uso público e de esparexemento. Para elo, igual que no caso do desbloqueo do centro de saúde, Concello e Porto tiveron que negociar e ceder nos puntos de partida respectivos para chegar a un acordo que resultase beneficioso tanto para o Concello como para o Porto e que ningún deles saíse perdendo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -