_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os premios á decoración sostible de Nadal vanse para os centros Rosalía de Castro, Aralde, Mecos e Piñeiriño

O conxunto de adornos de Nadal elaborado polo alumnado do colexio Rosalía de Castro foi o merecedor do primeiro premio do Concurso de Decoración Sostible convocado pola Concellería de Xuventude. A utilización de materiais naturais e, especialmente de residuos que se reciclaron para adquirir unha nova vida en forma de adorno, así como a orixinalidade e a perfección dos acabados foron algúns dos aspectos valorados polo xurado que tamén fallou conceder o segundo premio á escola unitaria de Aralde-Sobrán e o terceiro ao centro Mecos-BATA. Ademais, o premio popular, recaeu no traballo elaborado polo alumnado do CEIP Piñeiriño. Todos os galardoados recibirán un premio en metálico.
16.01.2023.- Corchos, botellas e botes, briks, cápsulas de café, bombillas, tapóns, tubos de papel hixiénico, brochas, paus de xeados, botóns, calcetíns, cepillos de escoba, fíos de la, follas de árbores, piñas, cocos de carballo, algodón, pinzas da roupa e moita purpurina son algúns dos materiais utilizados polos escolares nos seus traballos, en cumprimento das bases e do espírito do propio certame, que ten como obxectivo principal fomentar o reciclado como recurso educativo e sensibilizar á poboación sobre a problemática dos residuos que xeramos e sobre a importancia da reutilización e a reciclaxe.

Como debido ao mal tempo, os traballos non se puideron pendurar das árbores do Parque Miguel Hernández, como estaba previsto, os traballos expuxéronse no interior do Auditorio e tamén se publicaron fotos nas redes sociais municipais.

Como gañador do primeiro premio do concurso, o colexio Rosalía de Castro recibirá 300 euros, mentres que a escola unitaria de Aralde-Sobrán, 200 polo segundo premio, e centro Mecos-BATA, 100. Ademais, en base aos “likes” obtidos na votación popular aberta a través da conta do Concello en Facebook, o colexio Piñeriño recibirá os 150 euros cos que estaba dotado o premio popular.

Trece centros participaron este ano no Concurso de Decoración Sostible de Nadal que regresou ao formato escolar despois das dúas últimas edicións que tivo que celebrarse no ámbito familiar debido ás restricións impostas pola pandemia.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -