_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello culmina o trámite para a ampliación da EDAR coa aprobación provisional da Modificación Puntual do PXOM

O Pleno do Concello de Vilagarcía culminará o vindeiro xoves a tramitación municipal para a ampliación da depuradora de augas residuais de Ferrazo mediante a aprobación provisional da Modificación Puntual nº11 do PXOM. O documento, que xa afora aprobado inicialmente polo Pleno hai exactamente un ano, regresa ao máximo órgano do Concello tras contar cos informes sectoriais, técnicos e xurídicos preceptivos e ter realizado pequenas correccións de tipo técnico suxeridas dende algúns dos organismos. Unha vez aprobado provisionalmente, o documento remitirase aos departamentos de Costas do Estado e da Xunta, correspondéndolle á Administración Autonómica a súa aprobación definitiva.
18.01.2023.- A modificación puntual do PXOM foi promovida polo Concello de Vilagarcía para posibilitar a necesaria ampliación da EDAR, xa que para poder levar a cabo a actuación era necesario cualificar como “Solo Urbano Consolidado” a parcela pública sobre a que se desenvolverá a actuación e que, ao constar como “Solo Urbano Non Consolidado”, non permitía edificar nela. Os terreos que permitirán levar a cabo a ampliación teñen unha superficie de 9.500 metros cadrados e están situados a carón da actual planta depuradora de Ferrazo.

Aproveitando o necesario cambio de uso dos terreos, o trámite aproveitarase para actualizar outros aspectos do ámbito de actuación da modificación puntual consecuencia dos cambios sufridos nos últimos anos na zona, como o retranqueo do muro da EDAR para a construción do paseo de Canelas.

Actuación necesaria e urxente

A ampliación da EDAR de Ferrazo é unha actuación necesaria e urxente dado o incremento de caudal que as instalacións veñen soportando de forma constante dende hai anos debido á paulatina ampliación da rede de saneamento municipal, así como ao aumento poboacional que Vilagarcía rexistrou nas últimas décadas. Estas circunstancias fan que, a día de hoxe, as instalacións se atopen ao límite da súa capacidade de tratamento e depuración, facendo necesario unha ampliación que garanta, non só dar servizo á poboación actual, senón tamén dimensionar axeitadamente a planta con previsión de futuro.

A ampliación da EDAR permitirá mellorar as condicións de servizo da rede de saneamento e tamén repercutirá positivamente no aspecto medioambiental xa que, ao ter maior caudal e capacidade de tratamento, axilízase o proceso de depuración e redúcense os riscos de avarías e de verquidos.

A obra está considerada como prioritaria no Plan de Saneamento Local da marxe esquerda da Ría de Arousa elaborado pola Xunta de Galicia. Unha vez aprobada de forma definitiva a Modificación Puntual por parte da administración autonómica, o Concello xa poderá poñer os terreos a disposición da Consellería de Medio Ambiente para que licite os traballos e execute as obras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -