_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A Praza de Abastos de Vilaxoán modernizarase cun investimento de 233.000 euros

As diversas medidas e proxectos desenvolvidos en Vilaxoán polo Concello de Vilagarcía co obxectivo de dinamizar social e economicamente a localidade continuarán coa mellora da súa Praza de Abastos. A través dun investimento de 233.000 euros, o Concello reformará e modernizará as instalacións para adpatalas aos requirimentos actuais para os espazos de venta de alimentos e tamén aos de accesibilidade. O obxectivo da actuación é acondicionar e optimizar o espazo para unha maior funcionalidade aos actuais concesionarios e para que as melloras inviten a atraer nova actividade para que a praza que actúe tamén como elemento dinamizador da economía local.
31.01.2032.- O proxecto promovido pola Concellería de Promoción Económica que dirixe Alba Briones financiarase a través dos fondos europeos da EDUSI e con parte dos do Plan Concellos 2023. Tan pronto como a Deputación Provincial aprobe a subvención deste último programa, procederase a licitar as obras coa intención de executalas este mesmo ano.

O deseño da actuación corresponde á firma Promove, Xestión Técnica S.L., autora do proxecto que busca converter a Praza de Vilaxoán nun centro de atracción de comerciantes e de consumidores. A actuación afectará aos 274 metros cadrados de superficie coa que conta o edificio e incluirá o deseño de novos postos, a redistribución dos existentes e a introdución doutras melloras tendentes a optimizar a actividade, aplicando criterios de sustentabilidade. Trátase dunha reforma integral, que afectará tanto ao interior do inmoble – incluída a renovación das instalacións eléctrica e de fontanería-), como ao exterior, mellorado a imaxe do edificio.

No interior, a praza manterá os espazos laterais como postos de exposición, pero se eliminarán os que están pegados á fachada principal. Os destinados actualmente á carnicería e á froitería gañarán espazo, no primeiro caso para un obradoiro, e no segundo para a instalación dunha cámara frigorífica. Os baños tamén se mellorarán para facelos máis accesibles ao todos os públicos. Tendo en conta a altura do actual edificio, os restantes postos perimetrais emprazaranse nun nivel superior, disimulados cara ao exterior por unha malla “deployé” pregada e pintada en cor azul (en relación ao mar). Por último, no espazo central da Praza de Abastos deixarase unha zona aberta, diáfana e polivalente onde se poderán instalar diferentes postos móbiles en función das necesidades de cada momento.

A actuación no exterior do edificio centraras na mellora da imaxe e en resaltar a Praza con elementos e cores inspirados no mar (branco e azul). Tanto por estética coma por funcionalidade cambiaranse as portas e se pintará todo o edificio de branco. A intervención completarase coa instalación na fachada principal do edificio –a que da ao parque de Dona Concha- dun cartel co nome da Praza retroiluminado sobre o fondo cuberto cunha reixa a imitación dunha rede de pesca.

Primeiro, o arranxo da cuberta

A mellora da Praza de Abastos de Vilaxoán comezou xa hai uns anos coa mellora da cuberta do edificio, traballos nos que se investiron 33.757 euros. Esta primeira obra serviu para resolver os problemas de filtracións e humidades que afectaban ao interior do inmoble debido ao mal estado do tellado, paso imprescindible para poder actuar posteriormente no interior. Atendendo a unha demanda veciñal e despois de falar coas tres concesionarias que operan actualmente na Praza de Vilaxoán, o Concello aborda esta nova fase co obxectivo de revitalizala e dar maior servizo aos veciños da localidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -