_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
As rúas Vista Alegre, Manuel Antonio e un tramo de López Cuevillas cambian o sentido da circulación a partir do luns

A reordenación do tráfico rodado na zona da Xunqueira como consecuencia da nova glorieta que se está a construír no cruzamento da avenida de Cambados porase en marcha o vindeiro luns, 6 de febreiro. A partir das 8.00 da mañá dese día, as rúas Vista Alegre e Manuel Antonio mudan o sentido da circulación, polo que os vehículos que desexen acceder ao centro comercial da Xunqueira dende a zona da glorieta deberán entrar a través da Rúa Vista Alegre e logo xirar á dereita para continuar por López Cuevillas ou saír por Manuel Antonio cara a avenida de Cambados. É dicir, en sentido contrario ao que se viña facendo ata o de agora.
02.02.2023.- Este cambio é unha medida complementaria á nova glorieta a emprazar no cruzamento da avenida de Cambados coas rúas Vista Alegre, Fontecarmoa e Doutor Tourón e que, como se sabe, se constrúe co obxectivo de mellorar a mobilidade e a fluidez do tráfico nesa arteria de comunicación e nas zonas da contorna, especialmente tras á reorganización circulatoria levada a cabo no barrio do Piñeiriño debido á humanización da rúa camilo José Cela.

Máxima precaución ao mover os coches estacionados previamente

O cambio de sentido das rúas Vista Alegre, Manuel Antonio e o tramo de López Cuevillas que entra en vigor o luns pola mañá estará debidamente sinalizado e haberá axentes da Policía Local regulando o tráfico nas interseccións afectadas. Para que a medida non colla por sorpresa, ademais na información trasladada aos medios de comunicación, a Policía Local comezou esta semana a colocar carteis informativos nos portais das vivendas, baixos comerciais e garaxes das rúas afectadas. De igual xeito, colocaranse notas informativas nos vehículos estacionados nas vías que cambian de sentido para advertir aos condutores que o luns terán que incorporarse á circulación respectando o novo sentido da rúa, polo que se prega a máxima atención á sinalización e que extremen ás precaucións.

A maiores do cambio circulatorio, as obras de construción da glorieta e de mellora das beirarrúas da contorna prosegue a bo ritmo. O tramo da beirarrúa da avenida de Cambados xa está formigonado e xa se está a traballar no acondicionamento da praciña da travesía Pablo Picasso. Dado que os traballos se centran nas zonas peonís nesta primeira fase, a circulación rodada pola avenida de Cambados e Doutor Tourón non se verá afectada.

Descarga o plano aquí:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -