_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Centro Municipal de Emprendemento organiza un networking sobre creación e uso da marca profesional

O Concello de Vilagarcía de Arousa continúa coa realización de xornadas formativas a través do seu Centro de Emprendemento na súa aposta polo fortalecemento de proxectos emprendedores, creación de comunidade e fomento da consolidación empresarial da localidade. Neste marco, o vindeiro xoves 9 de febreiro, a partir das 19 horas, o centro emprazado nos Duráns acolle o networking "3 pasos para crear e influír coa túa marca profesional online" dirixido principalmente a todas aquelas persoas que estean a impulsar ou desenrolar empresas. O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico cev@investinvilagarcia.com . A asistencia é gratuíta.
04.02.2023.- Esta nova actividade dá continuidade á celebrada o pasado mes de novembro sobre "Márketing para emprendedores". A sesión consiste nunha charla da man de Jesús Pérez Santiago, mentor en comunicación persoal e empresarial, e o fío condutor da actividade será o emprego de ferramentas e recursos existentes para facer visible a nosa empresa na rede. Tras a charla darase paso a un espazo debate e networking entre os asistentes. Prevese que á xornada acudan os proxectos emprendedores aos que se presta apoio dende o Centro Municipal.

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía puxo en marcha o ano pasado o Centro Municipal de Emprendemento co obxectivo de dar resposta á demanda das necesidades do tecido empresarial e das persoas emprendedoras da localidade, prestándolles un servizo de atención continuada e ofrecendo un completo programa de actividades entre as que se inclúen obradoiros, seminarios e sesións de networking. Un equipo de especialistas en diferentes áreas empresarias prestan servizos de acompañamento ás persoas emprendedoras, axúdanlles a crear unha folla de ruta na que se identifican as necesidades iniciais da idea de negocio que desexan poñer en marcha e, en base a estas, prográmanse sesións formativas e de asesoramento individualizadas nas que se acompaña aos emprendedores na articulación do seu proxecto.


Seminario sobre axudas e recursos públicos

No marco das actuacións previstas para este ano, continuarase coa realización de obradoiros, nos que se abordarán de maneira práctica aspectos de definición e validación de modelo de negocio, márketing e previsión económica dos proxectos, entre outros. Proximamente está prevista a realización dun seminario sobre axudas e recursos públicos para emprendedores.

Independentemente destas actividades programadas, os emprendedores e emprendedoras interesados poden axendar titorías para definir a folla de ruta dos seus proxectos segundo as súas necesidades. Para elo deben dirixirse ao centro municipal de Emprendemento situado no número 7 da Rúa Os Duráns, contactar por mail a través do enderezo cev@investingvilagarcia.com ou por teléfono, chamando ao 986 185 916.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -