_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Fotografía, cine e libros con conciencia centran os actos da programación do Día Internacional da Muller

Fotografía reivindicativa ou de denuncia e cine e libros para crear conciencia sobre o feminismo e papel da muller na sociedade actual son os ingredientes principais da programación que a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa deseñou para conmemorar o 8M. A concelleira de Igualdade, Tania García, xunto coas técnicas do CIM, Julia Barbosa e Dolores Maquieira, presentaron as actividades que se desenvolverán entre o 4 e o 10 de marzo.
02.03.2023.- As celebracións do Día Internacional da Muller comezarán este sábado, 4 de marzo, cunha nova edición do Maratón Fotográfico pola Igualdade, que este ano conta coa novidade de incluír unha categoría especial para o público infantil que, deste xeito, non terá que competir cos adultos como estaba pasando dende hai uns anos. Co prazo de inscrición xa pechado, son 21 as persoas que se anotaron para esta xornada fotográfica, 4 deles menores de 14 anos.

A Maratón Fotográfica ten como finalidade invitar á cidadanía a reflexionar sobre as desigualdades de xénero a través das imaxes que os participantes deben captar ao longo da xornada na que se celebra a proba. Para elo, a organización propón ao inicio da mesma tres temáticas a ilustrar. Preténdese que os participantes capten a través da súa creatividade esas situacións de desigualdade que aínda existen co obxectivo de facelas visibles ante a sociedade como medio para impulsar os cambios que as fagan desaparecer. Establécense tres premios de 200 euros na categoría de adultos e un na infantil consistente nunha cámara fotográfica deportiva.

Como sempre, o acto máis simbólico e reivindicativo do 8M será a lectura do manifesto elaborado polo Consello local da Muller e aprobado por unanimidade da Corporación Municipal, un texto que incidirá na denuncia das situacións e circunstancias de desigualdade que sofren as mulleres na actualidade, especialmente no eido laboral, e na reivindicación da diminución da brecha salarial e na mellora das pensións non contributivas e de viudez. O acto celebrarase o 8 de marzo ás 12 do mediodía na Praza do Concello e incluirá a interpretación de dúas pezas musicais por parte de alumnado da Escola Municipal de Música Bernardo del Río.
A sala de conferencias do Auditorio acollerá o xoves 9, a partir das 20.30 horas, a presentación do libro “Feminismo de proximidade” da docente xubilada e activista feminista, Lola Varela. Nesta publicación, a autora fai un compendio de artigos e estudos nos que ten participado ao longo da súa extensa traxectoria como defensora da igualdade da muller.

O poder do cine para sensibilizar e facer visible a problemática da muller é o obxectivo da actividade prevista para o venres 10 de marzo. A Área de Igualdade, coa colaboración do Cine Club Ádega, proxectará “Cinco Lobitos”, a premiada película dirixida por Alauda Ruíz de Azúa que, a través da historia dunha familia, pon de manifesto o papel da muller en situacións de conciliación ou do coidado dos fillos ou dos maiores. A proxección será no Salón García a partir das 21.00 horas e a entrada é libre e de balde.

Malia que o programa do 8M péchase oficialmente o día 10, aínda queda pendente unha actividade máis. Será a entrega dos premios do Maratón Fotográfico e a inauguración da exposición cos traballos presentados, que terá lugar o 30 de marzo no Auditorio.

Tania García aproveitou a presentación para invitar á veciñanza de Vilagarcía a sumarse á conmemoración do 8M e a participar nas actividades programadas.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -